Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (6)

jueves, 06 de agosto de 2020
7.1. Os rituais
O ser humano encóntrase suxeito a unha gran cantidade de perigos. Por tal motivo leva a cabo unha serie de rituais, xa que está convencido da súa eficacia e de que é posible vincular a súa acción a un sentido valioso para a súa vida persoal. Desde sempre o ser humano, por causa da súa fraxilidade, debeu realizar rituais e ofrendas coa finalidade de que os deuses e espíritos sentasen compasión e fosen propiciatorios. Hocart puxo de manifesto que a función do ritual é dobre: por unha banda un obxectivo inmediato e preciso como acadar boas colleitas e por outra un obxectivo máis xeral ao que lle o nome de “saúde”, xa que o ritual é a expresión do interese do home porla vida. Pola súa banda, Arnold M. Rose sinala que os rituais distínguense polos seguintes elementos:
1º. Posúen unha regularidade e periodicidade ao estar ligados con certas festas.
2º. Teñen un sentido para un certo número de persoas.
3º. Adoitan presentarse dun xeito dramático.
4º. Producen “consensus” de sentimentos mediante unha experiencia participativa.

7.1.1. Rituais propios dunha "Liturxia Oficial"
A. A celebración de misas

Na actualidade o párroco de Santa Marta de Meilán, D. Antonio Rúa, oficia dúas misas: unha as 10 da maña e outra as 13, 30. Nesta última hai máis afluencia de devotos que na primeira.

B. Ritual da Procesión
Ao rematar a misa solemne, levouse a cabo a procesión, que percorreu o perímetro do A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (6)santuario. Nalgúns recintos sagrados de Quiroga, Pantón, Sober... a procesión lévase a cabo antes da celebración da misa solemne.

Na procesión interviron os seguintes elementos:
1º. A cruz parroquial levada un fregués da comunidade parroquial.
2º. O estandarte da Inmaculada, levado por unha freguesa da comunidade parroquial; esta vai acompaña por un rapaz e dúas rapazas da freguesía, que levan os cordos dourados, que penden do brazo transversal do estandarte.
2º. A advocación mariana da Inmaculada, portada nas andas por catro freguesas da comunidade parroquial de Santa Marta de Meilán…
3º. A imaxe do San Roque, levada por catro devotos da freguesía.
4º. A imaxe do San Bernabé, levada tamén por catro fieis da comunidade parroquial.
5º. O párroco de Santa Marta de Meilán, que foi o encargado de oficiar a misa.
6º. Algúns músicos da orquesrtra contratada para a festa profana.
7º. Os asistentes ao ritual colocados sen distinción de idade e sexo.

A procesión é un ritual relixioso que ten como finalidade expresar pública e colectivamente un culto, un diálogo coa divindade correspondente. Deste xeito, as imaxes, que saen na mesma, santifican o espacio que percorren, proporcionando unha enerxía positiva a tódolos seres, tanto persoas como animais, que se encontran en dito espacio. “Dando una vuelta alrededor del santuario, la imagen santa o la reliquia sacralizan no sólo a las personas y a los animales, sino también a todo el entorno geográfico”. Segundo a disposición da procesión Álvarez Gastón distingue unha serie de características: “Se trata de manifestaciones más multitudinarias no sólo por los participantes activos, sino también por los numerosos espectadores. Dentro de la comunidad local es algo que llega vitalmente a los feligreses. Los elementos fundamentales de toda procesión son: las imágenes, la forma de llevarlas, el pueblo que participa y el que mira, el espíritu de la celebración –cantos, rezos, silencio...”.

7.1.2. Rituais propios dunha 'Liturxia Popular'
A. O Ritual de vir andando ao Santuario

Antano moitos devotos viñan ao recinto sagrado andando desde o seu lugar de
orixe, como sacrificio previo denantes de entrar en contacto co sagrado. Hoxe, aínda que o máis habitual e vir en coches propios ou doutras persoas, hai algúns fieis , que seguen vindo andando por promesa desde o seu lugar de habitat.

B. O Ritual da Circunvalación
Ata hai uns cincuenta anos algúns devotos de San Bernabé traían moitas mulas e daban A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (6)tres voltas ó redor do santuario. Tamén acudían ata hai uns vinte anos con vacas e con algún cabalo e realizaban o mesmo ritual. Na actualidade, os animais foron sustituídos por representacións de cera, e así no interior do santuario encontramos corpos de cera, que simbolizan tanto a cochos como a vacas. Desta maneira, agora algúns devotos seguen acudindo ao santuario, onde asisten á misa de dez e, logo, adoitan dar tres voltas de pe ó redor da capela .Nas súas mans poden levar de ofrenda figuras de cera, que representan a animais: cochos e vacas; tamén poden portar algún exvoto de cera, que simboliza ao corpo humano, enteiro ou partes do mesmo: pernas, brazos, pés. O dar voltas ao redor do santuario ten o valor dunha penetración e toma de contacto nun nivel relixioso. Na Grecia clásica tal rito facíase cun fin apotropaico e catártico.

C. O Ritual de Poñer o Santo
Ata o ano 2015 un fregues do lugar de Espasande de Arriba, chamado Abelardo Tojal da “Casa de Xoana”, realizaba este ritual no interior do recinto sagrado ao longo da mañá, mediodía e primeira hora da tarde. A tal efecto, cunha imaxe pequena do San Bernabé facía duas cruces diante do devoto/a e, logo, daballa a bicar; ao mesmo tempo, recitaba a seguinte xaculatoria: “Cristo vive, Cristo reina, Cristo te libre de mal. Amén. San Bernabé che dea a sanidad, e che quite a enfermedad, polo poder que Dios ten e da Virgen María. Amen”.

Nesta fórmula sagrada, que acabo de mencionar, pódese apreciar como o santo actúa como mediador ou intermediario diante dun ser absoluto e trancendente. “…Para chegar con máis seguridade a ese Deus, non sempre persoal, o galego bota man dos santos e da Virxen”. Sen embargo o santo non sempre é como o define a Igrexa, xa que non é un intermediario ante Deus, senón que ten un poder primario. “O Santo pode ser un ente con poder que lle son propios”. Este ritual emprégase en moitos santuarios galegos. “En moitos santuarios milagreiros hai o costume de “poñe-lo santo”. Van a que llo toquen os enfermos para sandar, e os sanos para que non lles dea a enfermedá. Para esto hai unha imaxe pequena do santo; o devoto ponse de xeonllos, e o sacristán, as máis das veces,colle a imaxe e dalla a beixar, e logo trázalle coela unha cruz nas costas, decindo unha oración…”. Tamén se utiliza noutros pertencentes a outras rexións e espazos territoriais cunha identidade propia “ En el santuario de San Martín (Azcoitia- Guipúzcoa) durante la misa se da a besar la reliquia del santo titular”. En el santuario de “A Virxe do Porto” (Plasencia), tamén se da a bicar unha imaxe da Virxe. Finalmente segue usándose noutras identidades nacionais fora do Estado español, nas que segue habendo un forte contido relixioso de influencia católica.. “En muchos santuarios bretones los romeros besan las reliquias expuestas delante del coro”. “Los romeros portugueses, al terminar la misa, se agolpan para besar las imágenes del santo”.

7.2. As Ofrendas
Por outra banda a relixiosidade popular ademais dunha dimensión práctica ten, como dixemos anteriormente, un compoñente baseado na reciprocidade, que esixe do devoto a entrega dalgún ben para propiciar á entidade sagrada ou para compensala polo don acadado. De aí que os devotos realicen unha serie de ofrendas ao chegaren ao santuario.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES