Datos Biográficos do Santo e Territorio de Graza.
San Bernabé naceu na illa de Chipre e pertencía a unha familia levítica. Estudio una escola do ilustre rabino Gamaliel en Jerusalén, onde tivo por condiscipulos a Saulo e a

Estevo.
Algúns autores, como Clemente Alexandrino e Eusebio de Cesarea, supoñen que San Bernabé foi un dos 72 discípulos dos que fala o evanxeo. En calquera caso, aparece como unha figura relevante no seo da igrexa primitiva que, sen pertencer ao grupo dos doce, merece ao igoal que San Pablo o título de apóstolo. No libro dos Feitos dos Apóstolos (4,36) mencionase que Xosé, o chamado polos apóstolos Bernabé
chipriota de raza
posuía un campo, que vendeu, entregando o seu importe aos apóstolos.
Tamén, no (9,27) San Lucas engade que foi Bernabé quen levou e presentou aos apóstolos a Pablo, antigo perseguidor da igrexa e, logo, gran converso. Ambos os dous colaboraron conxuntamente na organización da comunidade de Antioquia e na predicación aos xenties, percorrendo o Asia Menor. En Listra recibironnos como grandes persoeiros mais, logo, expulsaronos da cidade, lapidandoos ata deixalos por mortos.
Tempo despois separaronse entre si e Bernabé acompañado polo seu curmán Marcos, emprenderon novas rutas apostólicas para rematar a súa vida en Salamina, a capital de Chipre, onde morreu martirizado polos xudeus en torno aos anos 53 ao 57. O seu corpo foi atopado no 458, levando no peito o evanxeo de San Mateo que, xunto coas pedras da lapidación, constituen os atributos da súa iconografía.
No santuario do San Bernabé de Meilán, hai dúas imaxes do San Bernabé: a pequena, coa que se pon o santo, está representada iconograficamente con barba e cun libro na súa man esquerda, simbolización do evanxeo de San Mateo; a grande, que é a que sae na procesión, leva a palma do martirio na súa man dereita, e un libro, simbolización do evanxeo de San Mateo na esquerda.
En Castrillón (O Corgo) encontramos tres tallas do San Bernabé: unha pequena, de bicar o santo, que amosa barba; un libro, representación do evanxeo do San Mateo, na súa man esquerda, e un bastón na man dereita. Unha mediana, que mostra barba e un libro -evanxeo do San Mateo- na súa man esquerda. Finalmente, a maís grande, que é a que sae na procesión, presenta barba, unha palma do martirio na súa man dereita, e dúas pedras -símbolo da súa lapidación- na man esquerda.
En Martín (Baleira) hai catro tallas do San Bernabé. Tres pequenas: unha delas, se utiliza para poñer o santo; as outras dous, están colocadas por riba dunha repisa de

madeira, que está apoiada no muro lateral dereito. Estas tres tallas pequenas mostran a mesma iconografía, reflectida na barba e nun libro- evanxeo de San Mateo- sostido coa man esquerda. Outra, de maior extensión, que é a que sae na procesión, vai vestida con bonete e capa pluvial e amosa barba e un libro na súa man esquerda -representación do evanxeo de San Mateo.
Todos os anos o día once de xuño conmemórase neste lugar a festividade do San Bernabé. Adoitan acudir devotos non só da parroquia de Meilán, senón tamén doutras limítrofes, pertencentes aos concellos de Riotorto e de A Pastoriza.
Os pedimentos
Os devotos ofrécense por si mesmos ou para acadar algunha intercesión para outras persoas, que non poden vir ao santuario normalmente por algunha doenza ou impedimento físico debido á idade.. As peticións máis usuais fanse por doenzas, tanto humanas como de animais, aínda que estas últimas son as preferenciais. Cómpre sinalar que tanto a vaca como o cocho, foron animais indispensables na economía familiar. A vaca, era un animal básico para certas labores agrícolas, agora sustituídas en gran medida polo tractor. Sen embargo,na actualidade a función deste animal está canalizada cara a producción de leite. Pola súa banda, o cocho segue sendo un animal relevante xa que podemos dispor da súa carne case todo o ano. Isto da lugar a que aínda hoxe en moitos santuarios, como o que nos ocupa, unha das peticións maís comúns esté ligada coas doenzas destes animais e, tamén, coa súa protección.
As promesas ofrecidas ao San Bernabé
Con todo, a petición vai ligada ao cumprimento dunha promesa. Esta consiste nun
contacto directo e sagrado de forza moral entre a persoa é Deus, a través de Cristo ou dunha serie de intercesores ou mediadores como son as diferentes advocacións da Virxe e os santos. Neste caso concreto referímonos ao San Bernabé.
Agora ben, podemos distinguir tres tipos de relación entre os devotos e a entidade sagrada:
1. Relación condicional, é dicir primeiramente a divindade simbolizada por Cristo, a Virxe e os santos concede a petición ó devoto e logo este leva a cabo a promesa; trátase dun cumprimento "a posteriori". A este tipo de relación dáselle os nomes de "Ofrenda condicionada" e "Petición Condicional".
2. Algúns devotos veñen solicitar, suplicantes, a mediación de Cristo, da Virxe ou dos santos ante calquera problema cumprindo unha serie de rituais e ofrendas. Neste caso os distintos rituais e ofrendas que os devotos realizan teñen lugar denantes de que lles sexa concedida a petición. Este tipo de relación recibe os nomes de "Ofrenda propiciatoria" e"Devociónpeticionaria".
3. Finalmente hai devotos que veñen tódolos anos por algunha petición concedida pola divindade noutrora. A este tipo de relación dáselle o nome de "Ofrenda de acción de gracias".
A promesa a divindade reproduce dun xeito claro o sistema social vixente no que alguen fai algo a cambio dunha posterior axuda cando chegue o momento axeitado. Cando o campesino mercantiliza as súas relacións relixiosas
o que tenta é traducilas a unha dialéctica coñecida, que lle proporciona dúas vantaxes fundamentais: a comprensión pragmática dunha interacción, de por si misteriosa, entre o natural e o sobrenatural, e unha certa seguridade ou dereito emanante da reciprocidade co intermediario.