Volver á casa
Editorial - miércoles, 16 de abril de 2008
Estamos en tempo de reaxustes. A crise ataca fortemente por moitas frontes, e obriga a recolocar persoal ou volvelo ó seu lugar de orixe.
A Galicia volveron algo máis de dous mil cincocentos traballadores durante o primeiro trimestre do presente ano, por ter quedado no paro noutras comunidades, especialmente Madrid e Canarias.
Corenta científicos galegos que traballan no exterior teñen pedido regresar a España por considerar que se poden dar as condicións precisas para poder investigar, volvendo atrás aínda que sexa de xeito ínfimo a fuga de cerebros que produciu o que inventen eles ou simplemente as difíciles condicións que soportan os que se dedican á investigación.
E de Rumanía agardan que volvan moitos dos traballadores que viñeron a España a traballar na construcción, porque descubriron que necesitan man de obra se queren utilizar as axudas da Comunidade europea e medrar dentro do clima de progreso existente en Europa. Claro que esta volta é difícil se se ten en conta que o soldo dun traballador en Rumanía está en arredor de douscentos euros, mentras que se traballan en España son doadamente mileuristas.
Esa é a cuestión, o reacomodo. Cada quen no seu país. Aquí tócanos acoller investigadores e traballadores no paro. En condicións axeitadas. Do contrario sería unha nova emigración, exilio, no interior. Que ás veces é máis difícil que a emigración en sí. Non chega a boa intención, hai que poñer os medios para, verdadeiramente, poder volver á casa.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora