Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (4)

jueves, 23 de julio de 2020
4. Tradición e Historia
Inicialmente a capela estivo ligada a San Roque. A tradición dinos que acudían a capela fregueses, pertencentes a diferentes lugares da parroquia de Meilán, e doutras limítrofes con “rogatorias” ou “ladaiñas” na honra do San Roque. Isto quedou reflectido dalgún xeito nunha costa que leva actualmente o nome de “ladaiña”, e que une o lugar de Espasande de Arriba con Bretoña.

Tendo en conta que o San Roque, foi un santo avogoso pra erradicar as pestes e outras epidemias podemos establecer como hipótese a idea de que as “ladaiñas”que lle cantaban os fregueses ao San Roque estaban ligadas coa intercesión ao Santo na expulsión dalgunha peste da comunidade parroquial e mesmo do concello.
A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (4)
Posteriormente, incorporouse a imaxe do San Bernabé a capela. Tanto esta festividade como a do San Roque eran organizadas dende hai moitos anos pola “Casa de Xoana”. Segundo Irene Tojal, pertencente á devandita casa, “Tanto o seu avó, Antonio Tojal como o seu tio avó, debido a que non tiñan sorte co gando, decidiron mercar á imaxe do San Bernabé e facerlle a festa. Dende aquela a festa fixerona sempre os da “Casa de Xoana” mais sempre contaron coa axuda dos veciños de Espasande de Arriba. Logo, “a poxa dos productos” fixoa Manuel Tojal, tio de Irene Tojal e irmán do seu pai. Posteriormente, Euxenio Fernández (xa finado), marido de Irene Tojal, foi o encargado de realizar “ a poxa”, ritual no que estivo ao fronte ata hai uns catro anos. Dalgunhas tarefas da capela, como “poñer o santo”, encargouse tamén Abelardo Tojal (xa finado), irmán de Irene Tojal”. Polo tanto, sabemos dun xeito directo que a “Casa de Xoana”, interviú na organización dámbalas dúas festividades dende mediados do século XIX.
A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (4)
Na actualidade conmemoranse ámbalas dúas festividades: a do San Bernabé, o 11 de Xuño; e a do San Roque, o 16 de Agosto. Seguen sendo organizadas pola “Casa de Xoana”, que recibe axudas preferentemente dos veciños de Espasande de Arriba. E isto é debido a que a muller de Abelardo Tojal, cuñada de Irene Tojal e residente no lugar de Espasande de Arriba (Meilán), ten dúas fillas: unha, que vive en Lugo; e outra, en Reigosa (A Pastoriza). De ai, que haxa unha nova semente para seguir cunha tradición fermosa.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES