Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (3)

jueves, 16 de julio de 2020
Localización do Santuario
Coordenadas U.T.M.: X: 639.581 Y: 4.799.432
Dende unha óptica eclesiástica o Santuario do San Bernabé está situado no lugar de Espasande de Arriba, pertencente á freguesía de Santa Marta de Meilán, integrada no arciprestado de Miranda, e na diócese de Mondoñedo-O Ferrol. A efectos civís, forma parte da parroquia de Santa Marta de Meilán, e do concello lucense de Riotorto.

Segundo Pascual Madoz, Santa Marta de Meilán “e unha feligresía en la provincia de Lugo y partido judicial de Mondoñedo, y ayuntamiento de Riotorto. Situación en parage desigual, con buena ventilación e Clima templado y sano: cuenta 868 casas de pocas comodidades que constituyen los l. de Buligueira, Castro, Chapín, Espasande, Grandal, Herrería, Lamas, Muiñobedro, Santalla, Torre de Meilán, Villar de Meilán, Villar de Santiago y Villasexa. La iglesia parroquial (Santa Marta) es matriz de San Lorenzo de Mojoeira; su curato de segundo ascenso y patronato real ordinario tiene 5 ermitas y 1 cementerio, que, aunque reducido, en nada perjudica a la salud pública. El término confina por el Norte con Santa María Mayor; por E. con San Pedro de Riotorto; por el Sur con San Pedro de Aldurfe y San Julián de Ferréirabella y por O. con Santa María de Bretona, atendiéndose de N. á S. 1 leguas y ½ de Este á Oeste. El Terreno es de mediana calidad; se cultivan 3.150 fanegas de tierra, se hallan incultas 8.400 destinadas a leña, broza y pasto…Los caminos vecinales y poco cuidados, y el Correo se recibe por Mondoñedo. Prod.: trigo, centeno, maiz, patatas, castañas y lino; cria ganado vacuno, caballar, lanar, cabrio y de cerda…El comercio se reduce á la venta de algún ganado y al sobrante de sus cosechas. Pobl.: 268 vec, 1.357 almas…”.

Por outra banda, Riotorto é un concello regresivo a nivel de poboación. Así, a principios do século XX o número de habitantes era de 4.750 cun descenso paulatino ata o ano 1950, no que había 4.026 hab. Logo foise reducindo, debido á emigración, ata 1.726 habitantes no ano 2005, ata chegar ao ano 2015 con 1364 hab. Pois ben, esta diminución quedou tamén reflectida na parroquia de Santa Marta de Meilán onde no ano 2005 había unha poboación de 430 hab., que ocupaba unha extensión de 15, 42 km2; logo, no ano 2007, 378 hab., e finalmente no ano 2016, 282 hab. Esta poboación estaba distribuida nas entidades de A Abelleira, A Asnela, A Azoreira, A Buliqueira, O Carballoesfolado, A Casavella, O Castro, Chapín, Cima de Vila de Espasande ou Espasande de Arriba, Cima de Vila de Santalla ou Santallan, A Ferrería, O Grandal, Lamas, O Machín, Muiñovedro, A Pena do Couso, O Piñeiro, A Rúa, Santa Marta, A Torre, A Veiga Longa, O Vilar de Meilán e Vilaseca.

A economía desta parroquia baséase no sector agropecuario e nos recursos forestais. A súa paisaxe sufriu un proceso de cambio posibilitado pola acción do home no medio natural, que deu lugar á creación de pradeiras e pastizais; esta acción viuse favorecida polo desenvolvemento dun proceso de concentración parcelaria; tamén pola superficie forestal que vai en aumento debido ao paseniño abandono das labores agrícolas gandeiras por parte dos veciños do lugar.

A nivel histórico, esta parroquia estivo relacionada coa sé de Britonia, constituída no século V, desde os seus inicios. Existe un camiño, que se nomea a “Ruta dos monxes celtas”, que partindo dende Bretoña -capital desta sé- vai ata o linde con Santalla e Vilaseca, proseguindo logo ata o mar; moi probablemente esta ruta foi a via, que seguiron os bretóns ata chegaren ao seu destino. Na época medieval estas terras estiveron ligadas ao bispado de Mondoñedo. Así, a comezos do século XVI o mariscal Alvaro González Ribadeneira e a súa muller Maria de Bolaño -e, logo os seus fillos- sostiveron un litixio co bispo de Mondoñedo sobre o coto de Riotorto ao que pertencían as terras, que formaban parte da freguesia de Santa Marta de Meilán. O litixio foi favorable a sé mindoniense.

Posteriormente, nos séculos XVI e XVII. houbo un importante desenvolvemento da actividade mineira e, tamén, das ferrerías e dos mazos. No lugar de Vilaseca (Meilán), houbo dende finais do século XVI unha importante ferrería. Logo, no século XVIII, adquiriron gran relevancia os foros o que deu lugar a aparición dos fidalgos, sendo de gran sona polo que respecta ao concello de Riotorto e maís concretamente á freguesia de Santa Marta de Meilán o nome de D. Pedro Trilles. A mediados deste mesmo século os dezmos dos cregos correspondentes ás parroquias de Ferreiravella, Meilán, Riotorto e Rececende (A Pontenova) importaban 424 ferrados de centeo, 448 de millo, 12 de millo miúdo e 45 de castañas. A principios do século XIX, durante a guerra da Independencia, cómpre sinalar as loitas que mantiveron os españois e franceses en Santa Marta de Meilán e no monte Carracedo. Por outra banda, mentres as freguesías de Aldurfe, Meilán e Riotorto formaban parte da xurisdicción de Riotorto, as restantes pertencían aos cotos redondos de Ferreiravella, Moexeira e Orrea. Logo, transcurrido certo tempo, formaronse na antiga provincia de Mondoñedo dous concellos -Orrea e Riotorto-, que pasaron a pertencer á provincia de Lugo no ano 1822, cando deixou de ter vixencia a provincia mindoniense. Finalmente, ámbolos dous concellos fusionaronse no ano 1840, dando lugar ao concello actual.

A nivel cultural e dende unha perspectiva artística e civil é mester distinguir a Torre do Moro, que está emprazada preto da igrexa parroquial. Trátase dunha obra de finais do medievo, que se caracteriza por unha planta rectangular; a porta da torre remata nun arco oxival, conservando ademais un relevante tímpano; asi mesmo nun dos ventanais hai outro arco oxival, sen embargo os demais foron fornecidos co paso do tempo cunha falsa bóveda. Sobre este monumento hai varias lendas ligadas ao habitat da torre. Unha delas atestigua que no interior da construcción se oculta un pozo que ten os tesouros do dono da fortaleza. Pois ben, a lenda segue facendo alusión a que a persoa que os atope ía procurar a resurrección do dono. Tamén cómpre destacar a “Casa brasonada de Elías en Santa Marta”. Mostra un escudo cuarteado, ben conservado; no primeiro cuartel aparece un castelo cunha porta e tres torres, sendo a do centro maís alta que as laterais; no segundo, hai tres árbores; no terceiro, tres roeis; e na habitación unha estrela invertida de cinco puntas cunha especie de lúa por riba. Coroa este escudo un anxo coas alas estendidas. A casa posúe unha inscrición na que se lee: “CASA CONSTRUIDA / A ESPENSAS DEL B. / DON ANTONIO MEN / DEZ TEIJEIRO Y MO / NTENEGRO EN 1840”/.

Nesta parroquia hai ademais a “Casa de García en A Buliqueira”, que conserva un escudo no marco superior dunha das ventás da fachada; este contén cinco cunchas de viera arredor dunha gran cruz central. Finalmente, foi importante o castelo de Peñaflor, do que únicamente hai restos.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania