Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Sempre pola sombra

sábado, 11 de julio de 2020
Case morro, pero por sorte non morrín. Levei un golpe tan duro que aínda teño o susto metido no corpo. Pensei que morría. De verdade. Pero non morrín. Son duro coma un penedo. Coma o penedo de Barricobos de Baños de Molgas. A cousa foi seria. Cando vin que o asunto se aproximaba, xa lle tiven medo. E quixen escapar pola tanxente de todas as formas posibles, pero non houbo maneira. Perseguiume o resto da tarde, toda a noite, toda a madrugada e incluso hoxe pola mañá. Perseguiume o asunto, o Pingas de Orballo: Sempre pola sombrasusto, o medo, claro. Pola noite, pola madrugada e incluso nas primeiras horas de hoxe a onda ou vaga de calor brillou pola súa ausencia. Menos mal. Porque onte case me matou. Pero non morrín. Houbo momentos nos que lle cheguei incluso a suplicar e implorar. Mesmo cando me sentei nun momento dado nunha pedra do atallo (á sombra, si, senón acababa de rematarme), boteime a chorar para que parase ese calvario. Era coma unha viacrucis! Non obstante, aquí estou; aguantei coma os heroes. De cando en vez é bo aguantar paus coma estes para coller experiencia e aprender dos erros. Así, para a próxima, xa sei que non se pode saír ás horas da canícula; e se non queda máis remedio, ir pola sombra. Sempre pola sombra. Teño o susto, é dicir, o medo metido no corpo. En nunca tal me vira. Tamén é verdade que agora é bonito desafogar ese medo. E queda tamén como unha lección para saber que hai que ir sempre pola sombra e non retar ou desafiar ó sol, que, este, cando quere abrasar, carallo se abrasa. Pensei que me mataba. Pero, por sorte, non morrín.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES