Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O signo 'máis'

jueves, 09 de julio de 2020
Estamos tan afeitos, desde hai case catro meses, a poñerlle signo negativo ás nosas actividades, que nos marabilla calquera signo positivo aínda que se trate dun “Non Arde Lucus”. Sabemos que non vai haber San Froilán, porque se non hai casetas do polbo e barracas, é difícil chamarlle San Froilán, e asumíamos que a explosión romano-lucense non podía celebrarse, pero alguén atopou un resquicio polo que coar un berro para que non morra este especial lume lucense, e soaron tambores polas rúas para que animosos tardoromanos lembrasen que cando Galicia arde desde tempo inmemorial, Lugo debe arder en festa a ese pasado glorioso no que os emperadores do mundo crearon o “Lucus Augusti” nas terras da fin do mundo.

Foron “Días do orgullo lucense”, no que moitos nos mergullamos por ter personais intereses que acompañar pola ilusión que os máis novos poñen nesta celebración que ten moito de festa, pero tamén de milicia, de familia grande á que da gusto pertencer.

A festa dos familiares dos que desfilaban era por forza itinerante, descoñecendo o camiño que seguirían, para velos pasar varias veces como facemos coa procesión da Esperanza na Semana Santa, sendo nós, como ocorre nas grandes festas da cidade, parte da propia festa.

“Non Arde Lucus” ou “Arde Lucus extraño”, inesperado. Cando non se ten case nada, unha pequena alegría é un acontecemento. Cando a case todo hai que poñerlle signo negativo, un soplo de aire fresco tan humilde como uns lucenses desfilando por Lugo, pode significar esencialmente que a vida segue; e que algún día poderemos utilizar o signo “máis” para volver a unha vida normal.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania