Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Convirtamos as bágoas en perlas (3)

martes, 21 de julio de 2020
.../...

¿Por que se contrataban? As carpideiras contratábanse pensando, crendo, que os seus choros limpaban a alma do defunto/a dos pecados cometidos e aínda non perdoados, facilitándolle ao defunto/a unha entrada inminente na gloria eterna. Ademais de ofrendar ás súas bágoas, as choronas servían de posta para que os parentes, descartados do compromiso bagoento, puidesen atender sen omisións nin demoras a cantos houbesen acudido ao enterro. Ademais, e por encima, de facer unha obra de caridade, cobraban, fose en diñeiro ou en víveres; ¡ademais de boas, pícaras!
Eu non cheguei a coñecer aqueles prantos de encarga, pagados ou compensados, que seica os houbo en tódalas parroquias da miña bisbarra; nos velorios aos que levaron Convirtamos as bágoas en perlas (3)xente de cerca, parentes ou veciños, a verdade é que aquilo parecía un tendal de panos chorreando: Debía ser xente boa, bos parentes e bos veciños, xa que tanta dor lles causaban os idos! Tampo adiante, con iso de que as funerarias deron en instalar elegantísimas capelas ardentes, aquel fervor arrefriou: ¡Veña firmas, veña tarxetas, papeis en definitiva, e a continuación..., motor de explosión, para volver coas vacas, que non se fixese tarde para muxilas!

Pensándoo ben, que complexas son as despedidas, así que, complexo tamén é o mar de bágoas que provocan, que ocasionan; todas, para canto máis as definitivas. Xa era terrible despedir un fillo cando os levaban para África, pois non todos volvían, que dos de aló nunca se sabía se ían á guerra ou a face-la paz, se volverían puros ou co “mal africano”. A outra era embarcalos para América; ¡peor que metelos nun ataúde, pois, neste caso, con algo de purgatorio subir ao Ceo era unha esperanza, ou máis exactamente unha seguranza, mentres que o de trunfar en América, sendo honrados..., un de cada cen!

O meu “termómetro” naqueles días da miña crianza tiña dous niveis: Pouca xente, e caladiña, mal presaxio de que o ausente / a ausente tería problemas na Porta de San Pedro. Cando as chufas eran abundantes, para min significaba que ata os seus inimigos claudicaban, proclamándoo santo/santa..., sen esperar a que terminasen de declarar, cando aínda se supoñían na sala de espera, séxase diante da porta Coeli. ¡Aquilo si que era coñecelos/recoñecelos polos seus froitos!
-.-

Buscando e rebuscando estudosos das bágoas atopeime cunha perla extraordinaria, tan douta e brillante que nin as de Mallorca; ¡unha xoia: a doutora Anne Lécu, doutora en medicina e relixiosa dominica, que por engado, traballaba en prisións, concretamente no cárcere de máxima seguridade de Fleury-Mèrogis, ao Sur de París, onde ¿madura, rexenérase? unha poboación de 4.500 presos! Outra: Desde que tiven á miña prima “Mercedes Cora” de Jefe de Prisiones, (e tamén avogada, ademais do cine, e do teatro, pero tanto dentro dos cárceres como fóra deles, dona Mercedes Josefina Carrodeguas Gómez) que tamén se dedicou a facer levadeiros e purificadores os penais, esas ¿curapenas? teñen de min, e merecen, de antemán, a coroa de mártires.

¿Que dixo a doutora Lécu? Dixo que..., ¡que ata escribiu un libro sobre as bágoas para rehabilitalas! Explícase: “Na filosofía encontramos poucas bágoas, pero na Biblia e na tradición espiritual hai moitas. Para min rehabilitar as bágoas significa tamén “honrar” a encarnación. As bágoas fórmanse coma un velo diante dos ollos dos que choran, e con unha forma de antídoto contra a exposición, agora reclamada en todas partes. Nun mundo que esixe unha total transparencia mediática de tódolos sentimentos, as bágoas filtran os ollos e, ao mesmo tempo, obrígannos a pensar fondamente. Rebosan e fan que a xente dubide da agudeza das cousas. Ao final pode haber bágoas de alegría. Tal vez a fonte das bágoas non sexa o que se desborda, que é máis grande cá nosoutros”.

“Aprendín a través da prisión que Cristo escolleu deixarse levar polos culpables para que xa non estivesen sos coa súa culpa. Este é o sentido da súa presencia na cruz entre os dous ladróns; incluso escolleu identificarse co pecado, como nos di Paulo na súa carta aos Corintios (2 Corintios 5:21) “A Aquel que non tiña nada que ver co pecado, Deus fíxoo pecado por nós, para que nós, gracias a El, nos volvésemos nel xustiza de Deus”. En definitiva: Que Cristo elixiu levar sobre os seus ombros a culpa dos condenados para que non nos pesase máis sobre os ombros. Isto é a salvación, e creo que o entendín cando, durante unha celebración da Eucaristía no cárcere, vin ás mulleres chorando diante da cruz. Choraban porque sabían con tódalas fibras do seu ser que o home da cruz era coma elas, un condenado, e que por iso estaba con elas, seguramente”.
...
“Gústame, moito, o pasaxe de Lucas 7, cando a muller pecadora se presenta ante Simón o fariseo, e unxe, coas propias bágoas, os pés de Xesús. Me parece que nos dá un sentido do que é a ética: Unha fragrancia de bo olfacto depositada na vida dos demais”.
-.-

As “lágrimas” do crocodilo xa son doutra familia, que na nosa Galicia non os hai! ¿Non os hai? ¡Pois igual, si, pero andan disfrazados! Eu, por ter, ata tiven unha billeteira desas peles, que ma regalaron aló en África...; regaláronme a billeteira, pero os billetes gañeinos eu, ¡coa suor da miña fronte!

Este dito aplicábase, ou dicíase, daqueles que cultivaban un comportamento hipócrita, séxase, que non choraban de corazón. As bágoas correctas saen dos ollos, mais é o corazón o que as elabora. Aló por onde andei, alén do Estreito, os crocodilos non andaban lonxe pero ao Ifni non viñan porque o noso asif (río), só levaba auga unha vez Convirtamos as bágoas en perlas (3)ao ano, e para iso, pouquiña!

Este símil, este dito, seica deriva da observación de que eses veciños e parentes dos dinosaurios, ¡máis vellos cós camiños, e por tanto especialistas en picardías!, son uns estafadores consumados, pois, para espertar a compaixón dos oíntes, animais ou homes, atraéndoos aos seus dominios para devorarnos, finxen o pranto dun ser desvalido. De aí que Otelo copiase, observase, cando se sentiu perturbado polos celos e polos comentarios da súa muller Desdémona, e lle soltase o seu resentimento: “¡Ouh diabresa, diabresa, se a terra puidese fecundarse con bágoas de muller, cada gota que vertes converteríase nun crocodilo. Así que, fóra da miña vista!”.

Cientificamente o que lle pasa ao crocodilo é que ten un apartado potabilizador: os seus riles a miúdo non poden liberarse de tódolos excedentes de sales que recibe o organismo, e daquela acoden na súa axuda unhas glándulas que teñen nos ollos, chamadas harderianas, ao traveso das que expulsan as sales, diluídas en auga, como se de bágoas se tratase.

É posible que as voces crocodílicas fosen interpretadas no pasado como xemidos magoantes de engano porque, desde a insidiosa perspectiva humana, soamente a hipocrisía pode expelerse do interior dun depredador consumado cuxo único propósito na vida é saciar a súa permanente sede de sangue e de carne.

.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES