Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (2)

jueves, 09 de julio de 2020
II. O Santuario do San Bernabé de Meilán (Riotorto)
1. Introducción.
Unha das manifestacións básicas da relixiosidade popular radica nos Santuarios. Estes distinguense pola devoción da xente e non por unha característica histórica ou artística ligada ao edificio ou institución. Os santuarios adquiriron unha devoción popular cando as súas imaxes sacras se manifestaron propiciatorias perante moitas peticións. A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (2)“Un santuario se distingue por la devoción de la gente y no por una característica histórica o artística inherente al edificio o institución”. “El santuario es un lugar de culto que atrae romeros en ámbito superior al local”. Ademais do carácter benefactor das diferentes imaxes sacras, os santuarios caracterizanse tamén por outra serie de peculiaridades: o influxo social que exercen; o carácter terapéutico e ritual dalgúns elementos naturais vinculados a estes recintos sacros, como a auga da fonte, a terra, certas árbores…; a súa dimensión festiva e profana. Por outra banda, o pensador galego Xosé Antón Míguelez cando fai unha análise global dos santuarios fai alusión a unha serie de trazos: a vivencia do social vencellado a uns lugares e obxectos concretos; o predominio da emoción sobre a racionalidade; a cosmovisión estática e non histórica; o carácter popular pouco institucionalizado.

2. TRAZOS ARTÍSTICOS
Na súa orixe, é unha capela medieval do século XII, que foi reedificada varias veces. Posúe unha nave cunha teitume de madeira a dúas vertentes; unha capela maior cunha cuberta tamén de madeira; e unha sancristía na parte posterior. A fachada presenta unha porta cun arco de medio punto e unha inscrición na clave na que se le: INRI + MC. Asi mesmo, no muro esquerdo da nave mostra unha porta lateral cun dintel de pedra e unha cruz gravada no mesmo. A súa estrutura orixinal está moi cambiada, amosando varios elementos alleos: muros de ladrillo; arco de hormigón, que soporta o anterior de pedra; e columnas do mesmo material nos laterais da fachada.
O seu pavimento está formado por grandes losas de pizarra. No seu interior hai un relevante retablo rococó do século XVIII, formado por dous andares, tres rúas e un medallón do Espirito Santo no seu remate.
Por outra banda cómpre distinguir unha serie de talles de madeira: dúas do San Bernabé – unha delas do século XVIII; dous do San Roque; dúas do San Xosé; unha Virxe do século XVI co Neno na man; e unha imaxe románica da Virxe, do século XII, A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (2)sedente, e co Neno na man esquerda, que ademais da súa man dereita mostra varias mutilacións.

Por outra banda, na freguesía de Santa Marta de Meilán, hai outras capelas:
- Capela do cemiterio de Santa Marta.
Amosa no seu interior un retablo renacentista popular do século XVII, con catro tallas policromadas, que simbolizan aos evangelistas.

- Capela de Santalla.
Fundada no século XV., mais moi reconstruída O seu interior mostra un retablo barroco con columnas salomónicas. Tallas de San Xoán Bautista; San Bartolo, de estilo barroco; e San Alberte, do século XVI; ademais, unha pequena talla de Santa Olaia, de bicar.
Por outra banda, é mester sinalar que o día 13 de febreiro, festividade de Santa Olaia, algúns fregueses íanse lavar “a fonte de Santa Olaia” que, segundo a tradición, tiña propiedades curativas para as doenzas da pel, como a psoriasis, caída do pelo etc. Na actualidade, aínda hai fregueses que seguen realizando o ritual a primeiras horas da mañá.

- Capela de San Pedro Fiz de Chapín.
Estructura moi restaurada. Presenta un retablo popular coas tallas de San Pedro e San Antón; tamén unha pequena talla de San Pedro, de bicar.

- Capela de San Antón da Ferrería.
Fundada no século XVII polo marqués de Bendaña. Trátase dun pequeño edificio de planta rectangular, muros de pedra e cuberta de pizarra a dúas augas. No seu interior conserva un lenzo barroco da Inmaculada Concepción, do século XVII e varias tallas: Santa Catarina, San Pedro, San Antón, a Virxe de Fátima e unha Virxe gótica do século XV. Os veciños ofrecen exvotos de cera a San Antón lacoeiro, protector dos animais e deste xeito aparecen algunhas vacas de cera ao seu carón.

- Capela do San Xoán de Vilaseca.
Capela de planta rectangular e cuberta a dúas aúgas. A súa construcción, recente, segue modelos neogóticos na porta principal e na ventá da fachada. No seu interior hai un retablo barroco de dous corpos coas tallas da Virxe, de San Xosé e dun Santo Apóstolo.
No mes de marzo hai un novenario adicado ao San Xosé, no que se cantan unhas estrofas populares na honra do Santo.
Ademais destas capelas a freguesía posúe unha igrexa, construída no ano 1954, que amosa unha nave cuberta a dúas augas, un cruceiro e sancristía. O seu interior conserva un retablo barroco, de finais do século XVIII, con dous corpos policromados e catro columnas salomónicas. Son interesantes as tallas de Santa Marta, con aurelola de prata, cetro nunha man e un dragón ao seus pés; San Pedro Apóstolo vestido de pontificial, sedente e cunha coroa papal; San Xoán Bautista e San Román Nonato, cunha custodia e unha palma nas mans. Na parte dereita do cruceiro hai un retablo moderno cunha talla da Virxe das Candelas do século XVIII e un San Matías cun coitelo nunha man e un libro na outra. Na parte esquerda hai un retablo popular de dous corpos. Este templo dispón ademais dunha cruz procesional de prata do ano 1600 e dunha naveta tamén de prata do século XVII.
Así mesmo, preto da casa rectoral hai un cruceiro de granito do século XIX, que nunha orde ascendente amosa os seguintes corpos:
Unha plataforma de formigón, que serve de sostén a unha base monolítica de dous tramos: o primeiro de forma paralelepípeda e o segundo troncopiramidal.
A base se prolonga nun fuste monolítico de sección cuadrangular nos seus extremos e oitavado no resto. Esta ornamentado cos instrumentos da paixón, que están esculpidos na cara Sw., ; a súa disposición nunha orde descendente é a seguinte: dous cravos, un cravo, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de nove banzos; tamén está ornado no extremo superior das súas caras, onde hai un rebaixe romboidal e outro no seu interior con dous roeis flanqueando os vértices superior e inferior.
O fuste serve de apoio a un capitel de forma troncopiramidal invertida, decorado cunhas volutas nos vértices superiores e cabezas de querubíns.
Finalmente, esta expresión relixiosa, remata nunca cruz de sección cuadrangular nos extremos e oitavada no resto, que amosa un tipo de cruz florenzada nos extremos dos brazos transversais e na cabeceira do eixo perpendicular. O anverso conserva, baixo unha cartela (INRI), unha efixie de Cristo cos seguintes trazos: unha coroa de espiñas na cabeza, que aparece inclinada ao lado dereito; a súa boca e os seus ollos están abertos; os brazos están extendidos ao longo da cruz mais separados dela ao igoal que a cabeza, costas e pernas; as mans aparecen abertas; o seu perizoma está anoado ao lado dereito; e as pernas, lixeiramente flecioandas, mostran o pé dereito sobre o esquerdo.
Esta mostra da devoción popular conserva restos de policromía de cor vermella no capitel ao carón dos querubís e de cor azul no fuste. Cando chega o tempo do San Xoán poñenlle flores ao carón da base e no fuste. Finalmente, neste cruceiro apreciamos unha clara influencia dos canteiros Carboeiras de Román (Vilalba).
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES