Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Atranco para o fútbol

viernes, 10 de julio de 2020
Desde un primeiro momento sempre fun partidario da chegada do VAR á toda competición futbolística. Porque pensaba que actuaría contra aquelas decisións arbitrais moi clamorosas. E sempre puña o exemplo dos goles fantasma e dos fóra de xogo a Pingas de Orballo: Atranco para o fútbolmedio metro ou máis. Pero agora mesmo, vexo que o VAR ou vídeo arbitraxe é un atranco para o propio fútbol. Analizan fóra de xogos por un simple calcañar e penaltis que, nin repetíndoos a cámara lenta, nos sacan da dúbida de se foi ou non foi. Incluso en moitas xogadas vemos claramente que o propio VAR se equivoca. O fútbol está perdendo toda a graza que tiña antes. Aquelas discusións de se foi man ou non foi man, de se o saque de banda é para un lado ou para o outro, de se o cóbado choca ou non choca na cara do xogador contrario. Incluso fallando os árbitros en algunhas ocasións, antes era moito máis bonito o fútbol. Agora, un partido de 90 minutos pasa ás veces a máis de 120, máis de dúas horas. Onde se viu outra! Eu, repito, só o deixaría para os goles fantasma (ata quitaría incluso o dos fóra de xogo a un metro), porque neste caso é un gol ou non é; cousa que nun penalti aínda hai a opción de que o lanzador o falle ou o porteiro o pare, ou sexa, que non habería gol, e tampouco se acabaría o mundo. O mesmo acontece nos fóra de xogo... un pode estar en fóra de xogo e fallar o gol incluso a porta baleira. Non sería o primeiro, por suposto. O gol fantasma xa é ou non é. Pero para todo o demais non necesitamos do VAR. Queremos que volva a salsa do fútbol! Que son os goles e as discusións.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES