Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Ó encontro dun soño

jueves, 09 de julio de 2020
A temperatura está de tal maneira que basta con poñer un ovo no asfalto para que se frita. A suor baixa pola miña cara porque eu tamén estou a correr pola Valenzá arriba. Podía correr para abaixo, pero fágoo para arriba; pois teño que ir ó encontro dun soño que si baixa. Quero saírlle ó camiño. O soño vén cargado dunha forte ilusión que eu quero conquistar. Por certo, quero ser o único conquistador que non usa armas. A Pingas de Orballo: Ó encontro dun soñomin chégame coa palabra; coa palabra escrita, iso si. A miña arma é un bolígrafo con tinta azul. Como azul é a onda do mar sobre a que cabalga ese soño que baixa. Sempre haberá soños que suban e baixen, porque todo o que sobe, baixa. Corro pola Valenzá arriba baixo unha calor sufocante. Pero máis me abafaría esperando o desexo de brazos cruzados. Todo o que se quere hai que loitar por el. Aínda que sexa a base de longos versos que se conxuntarán nun extenso poema. Ese soño que baixa é pura poesía nesta tarde de canícula. Son as catro e media da tarde e varias pingas de suor caen sobre a sombra que me acompaña. Imaxino que tal sombra é esa ilusión que me abraza, ese anhelo que me esgaza o peito. Non obstante, sigo correndo. Quero suar aínda máis para que saiba que hai esforzos que merecen a pena. Ten que estar a piques de realizarse o encontro: porque eu cada vez corro máis para arriba e o soño ten que estar xa moi abaixo. A temperatura semella que vai en aumento, pero tamén as miñas pulsacións, ou meus latexos son cada vez máis intensos. Porque a ansiedade é moita e o encontro ten que ser, á forza, coma un orgasmo de felicidade.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES