Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Dálle Castaña!

miércoles, 08 de julio de 2020
Cando queiras, dálle castaña!, díxolle aquel a aquela nunha tarde do mes de xullo. A verdade é que non sei que raio significa a expresión esa. Ó mellor quería dicirlle que escribise ou que botase a voar ou que choutase ou que se puxese de xeonllos para pedir algo. Cando queiras, dálle castaña! Seguro que non quería que lle dese a alguén unha castaña. E non me refiro a unha labazada, senón ó produto do castiñeiro. A estas alturas, no mes de xullo, onde hai castañas? Ten que significar outra cousa. Case creo máis ben na mensaxe de “xa podes escribir”. Non sei, dáme por aí. Nin coñezo a aquel, nin coñezo a aquela. A verdade é que véndoos de esguello, semellan do estranxeiro. Polo físico e pola forma de falar. Aquel anda un pouco torcido e aquela... aquela, non sei, pero é guapa, a condenada! A ver, no noso país tamén as hai guapas, pero algo lle notei de forasteira... unha forma de mirar especial, un tic no ollo esquerdo. Quieto parado! Non me estará chiscando o llo! A min, precisamente a min! Estou a desviarme do asunto, porque volvo oír como aquel lle di a aquela, ó sexa, á guapa, á forasteira que cando queira que lle dea castaña. Está a amolarme xa isto da castaña! Porque agora a miña atención xa se desviou por completo dun dos produtos nacionais galegos. A miña atención, agora, está na estranxeira, na do chiscar de ollo, pola súa fermosura, polo seu sorriso. Que ser poida que sexa estranxeira, pero tenme toda a pinta de rula galega. Cando queiras, dálle castaña!, son eu o que lle berro agora; sen importarme para nada aquel que lle berraba antes. Vou a por ela!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania