Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mingua a pandemia, aumenta a peste

lunes, 06 de julio de 2020
Relación coronavirus-eleccións galegas ou relación política-covid19. Moi sinxelo: minguan as páxinas periodísticas sobre a pandemia e aumentan as relacionadas coa peste (política). E a pesar de que a pandemia segue aí, segue aquí. Creo que o dixen xa en polo menos dúas veces: que moito sentidiño coa situación. Pero é coma predicar no deserto. Ó mellor é porque non son Xesucristo.

Moita xente non pon as mascariñas e, aínda para máis aquel de non poñelas, non respecta ás distancias. De cando en vez fíxome e case aseguro que respectan máis as distancias os que levan os bozos (a ver, sinceramente, as mascariñas recórdanme a aqueles bozos que se lles puña ós becerros para non mamar ou ás vacas para que non comesen nos produtos das leiras cando se araban estas), que os que non os levan. Despois proclamaremos ó ceo e criticaremos ó Goberno se este nos fai retroceder en todo o que conseguimos a maioría. Sei que o de non respectar as normas sempre é, seguro, por uns poucos, como sei que, despois, sempre pagan xustos por pecadores.

Así é que, por terceira vez... ou cuarta, é igual, sigo pedindo moito sentidiño neste peregrinar de volver á vida normal, á vida que tiñamos antes do maldito 14 de marzo. E mirade que, se predico no deserto, a min non me afecta moito que nos volvan encerrar. Eu sempre aguantei todo coma os heroes.

Como tamén serei heroe o domingo, día 12, cando suba pola rampla da Finca Fierro para votar. Porque xa deberiades de saber que eu sempre vou do lado dos perdedores. Aínda que desta vez sei seguro que subiremos de carallo. Subiremos tanto ou máis que esa costa ou pendente (que vos prometo que é enorme) que subirei eu para comprometerme co meu partido, co meu país. Este que gobernan outros que seica o están facendo ben, pero que a partir do luns, 13, nas conversas, nos bares, nos encontros axiña nos queixaremos de que para onde nos levan; de que a educación está fatal, de que a sanidade está peor, de que a cultura brilla pola súa ausencia... A min, por suposto, quédame a conciencia tranquila e, sinceramente, xa sería horas de que nos gobernara unha muller. Creo que xa dixen todo. Non obstante, moito sentidiño para todos e para todo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania