Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A gusto de todos

lunes, 14 de abril de 2008
Poucas cousas son a gusto de todos, porque é imposible contentar á totalidade dunha poboación, dunha parroquia ou dun grupo mínimo de persoas.

A gusto de todos nin se traballa na política, nin na empresa, nos espectáculos ou no xornalismo... Sempre haberá unha parte que se considera beneficiada aínda que sexa espiritual ou artísticamente e outra daminificada que estará en contra das decisións que se tomen.

A gusto de todos, moito menos, o tempo. Tempo que se depende en moitos aspectos da orografía, da latitude, dos ventos dominantes, e por eso se axusta a determinadas situacións que xa resultan tópicas, a natureza coas súas naturais forzas desatadas pode modificar radicalmente provocando estados de ánimo contrastados segundo o gusto de cada quen.

Ocorre agora en Galicia. Como chovía pouco, ou non chovía, declarouse un estado de emerxencia en relación coa auga do consumo, baixaron os embalses aparecendo os fantasmas das vellas edificacións, e comezaron a botarse culpas ó cambio climático de que este inverno e comezo da primavera non chovese como era costume neste país.

E de repente chove...e inúndase a Terra Chá e zonas costeiras, porque a auga quere compensar carencias, inúndanse fincas, córtanse estradas, desaparece o estado de emerxencia de auga potable, suben os embalses, corre perigo a alimentación de animais por se a herba que ía ser cortada non valese para o gando, retrásase a semente do millo...

Nin a seca dantes nin a choiva de agora contentan a todos... Coma sempre, división de opinións. A cada quen, segundo lle beneficie ou perxudique puntualmente. Pero o do cambio climático non acabamos de velo... Aquí sempre choveu como quixo inundando terras chás, producíronse enchentes e a auga desmandouse pola forza das choivas; como tardou en chover, a seca preocupou e coidamos que os deuses da choiva nos tiñan esquecido.

Nin a gusto de todos, nin cando a todos convén. Así é a natureza: Libre.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES