Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Á espera

viernes, 03 de julio de 2020
Comparte o silencio consigo mesmo cando unha conversación queda estancada e deixa que o pensamento se retorza por entre os truques e retruques dun aspecto demasiado Pingas de Orballo: Á esperaíntimo ou sentimental. Cando o silencio se prolonga é porque algo máis que un obstáculo se cruzou na inercia do asunto. Obstáculo en forma de bágoas que pingan pola súa cara abaixo. E ese instante, ese momento queda colgado na preñez dun sentimento. O home deixa caer a ocasión sobre unha cama bañada en azul e queda á espera do que pode vir ou do que non virá nunca. Non sempre todo sae a pedir de boca. Ás veces non queda outra que erguerse con forza dunha derrota, de varias derrotas e instar ó corazón para que berre ou rebente polos confíns do universo. Pero aínda así, segue o silencio preñado de romanticismo e a páxina do caderno bambea ó vento. Unha páxina en branco. Porque non se pode escribir cando os folgos semella que o afogan á beira dunha mesa de noite. Sempre haberá momentos nos que o silencio se acovardará ante o ruído. Pois hai ruídos que son coma berros que atravesan as distancias e que esgazan o tempo. Porque que hai lágrimas que caen porque teñen que caer. O home déixaas caer e escóndese entre as sabas brancas dunha vida que non é quen de compensalo con iso ó que se lle chama felicidade eterna. Pero ergue unha vez máis, doutra derrota máis e confía en que algún día nesa páxina en branco se impriman os anhelos que leva consigo. Mentres, segue a compartir o silencio consigo mesmo.

No niño do sentimentalismo
Quere a rula emprender o voo cara á un mañá afastado, pero tenlle medo ó vento con refachos. Queda entón quietiña no niño da súa conciencia. O vento funga e furga por Pingas de Orballo: Á esperaentre os piñeirais do Medo. E polos carreiros dos tempos pasados vai o silencio subido a uns instantes que non teñen desperdicio. Quen máis quen menos quere deitar no niño do sentimentalismo. Aínda que este non está ó alcance de calquera. Queda o amor estancado no alto dun palleiro e sempre haberá pegas que intenten escarallar o momento. No horizonte escóitase un berro, moi semellante a un ouleo. A rula alza entón o voo e plana coa parsimonia dunha aventura por entre as matogueiras dos Currás. Axiña atopa ó pombo que a contempla. Sabe que este non lle perderá ollo. Ata os pombos teñen miradas que os delatan. O seu espreme o seu intelecto cada vez que ela lle roza só que sexa cunha á. Como non lle importa, incluso como lle gusta, a rula ronda de galla en galla para que ó pombo lle caia a baba. Ó pombo cáelle a baba. Nun arrouto de esperanza tamén este emprende o voo e dedícase a facer arabescos por se aquel. Por se cae a bicoca para a súa vida. E sobe e sobe e sobe para lanzarse en picado entre as ás dun soño, do seu soño. A rula non aparta e deixa que o pombo se acubille á súa beira. É bonito formar parella. O vento con refachos segue abaneando as gallas, pero hai amores que enganchan. Deixan que pase o tempo en silencio e outean o horizonte entre saloucos e anhelos. O pombo mira para a rula. A rula contempla ó pombo e para a historia queda este conto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES