O Doutor Porteiro, en Foz
Fernández, Suso - viernes, 11 de abril de 2008
O concello de Barreiros, por decisión unánime dos grupos políticos que o forman, vai a dedicar unha rúa ó médico don Manuel Porteiro. Non é o primeiro recoñecemento que recibe, pois lembramos que hai xa unha chea de anos fora obxeto doutra homenaxe.
Home popular e querido, dinámico, extrovertido, de contado se gañou as simpatías das xentes cando alá polos anos sesenta chegou á Mariña procedente das súas terras do Bergantiños coruñés. E foi en Foz onde aterrou, e onde de súpeto se gañou un lugar na nosa sociedade e onde segue a contar con afectos e simpatías.
Non vamos a facer aquí unha exhaustiva descripción da súa persoa como tal, nin como profesional da medicina nin da súa entrega á sociedade a través do seu labor como promotor de actividades culturais, sociais e deportivas e mesmo políticas, pois foi alcalde daquel concello; acaso outras persoas con maior coñecemento, e tamén con mellores aptitudes, o poidan facer. Queremos referirnos tan só a dous feitos, que vivimos moi de preto, e que falan da súa xenerosidade.
Foi por decembro do ano 1970, cando a Madre Ambrosia, inesquecible Superiora do Asilo focego, nos comentara a necesidade que aquela Casa tiña de un par de cadeiras de rodas para uso de inválidos. Á hora das tazas tratamos a cuestión, e con Cesarín, acordamos solventar a papeleta: organizamos un festival artístico para o que, coma sempre, contábamos co Orfeón de Mondoñedo e a actuación de artistas locais: neste caso Aurora e María, Os Sinxelos e Os Apaches. A empresa do cine cedía gratis o local e Carbónicas Herpo subvencionaba a publicidade; esto, coa venta de lotería do Niño, permitiu que ó mes seguinte se entragasen ó Asilo as dúas cadeiras, posto que sobradamente se recaudaran as 12.800 pesetas que custaban.
Sería cinco anos mais tarde, o día que a Congregación das Hermanitas celebraba a festividade da súa fundadora, cando Manolo Porteiro instalaba alí un equipo de Raios X.
Decía o xornal, dando a noticia:
tuvo lugar la bendición del equipo de Rayos X con que el señor Porteiro obsequió a aquella Casa. No hay duda de que la donación constituye una importante mejora, un magnífico servicio para la atención sanitaria de los allí residentes. ¡Hai mais de trinta anos
!
Haberá un mes que, despois dun tempo sen vernos, os dous vellos amigos nos fundimos nunha fonda aperta: sería a derradeira; acaba de deixarnos. Un bico, Carmiña.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora