VI Xornadas da Historia de Riotorto (Lugo). Ed. Asociación Cultural Arrincadeira. Riotorto. 2018.
I. Algúns trazos sobre a expresión "Devoción Popular"
Trátase dun termo complexo, confuso e mesmo ambiguo. Así estasenos a falar continuamente de catolicismo popular, de religión popular, de piedade popular, de fe popular, de relixiosidade popular etc... Todo isto motiva que sexa difícil definir a relixiosidade do pobo xa que, segundo manifesta P.Toschi- é todo un mundo de sentimentos, vivencias, ritos, expresións prácticas
A relixiosidade de cada pobo, como todo fenómeno vivo, ten as súas peculiaridades. Cada comunidade mostra a súa

maneira de vivir a fe e de manifestala. Polo tanto, este tipo de relixiosidade vai ligado a elementos folclóricos e populares en canto que son manifestacións da identidade dun grupo. Así, Dionisio Borobio, mencionaba que unha relixiosidade é popular cando se configura con ese pobo e expresa o seu sentir. É parte da cultura, dun xeito de pensar e de vivir. En consecuencia para analizala cómpre ter en conta o pasado, é dicir cómo viviron o cristianismo, que é o que herdaron dos séculos pasados. É popular, consonte refire Álvarez Gastón, "lo que el pueblo crea; también lo que recibe, asimila y hace propio, como por ejemplo la religiosidad recibida a traves de devocionarios, misioneros
". Desta maneira a relixiosidade popular está composta de diversas capas históricas, que proveñen das diferentes etapas dunha evolución multimilenaria. Isto levanos a percibir como a relixión de cada comunidade representa un testimonio de conciencia colectiva, a afirmación expresa de identidade e dignidade. É como unha memoria colectiva, unha conciencia de grupo, unha esperanza en común.
Por outra banda o fenómeno relixioso popular tenta dar solución as necesidades non satisfeitas polo sistema relixioso oficial; polo tanto fronte á linguaxe conceptual do sistema oficial, que é inintelixible para a xente sinxela do común, a relixiosidade popular tende de cara outras linguaxes baseadas na sensibilidade e na imaxinación. Los fundamentos teológicos de un sistema religioso resultan bastante complejos para la gente vulgar a causa del lenguaje conceptual en que están formulados
de ahí que esten en contacto con la plástica simbólica. Como producto da sensibilidade proxectamonos de cara ao singular, concreto, e tanxible; isto está reflectido nas imaxes, símbolos de entidades sacras. Como producto da imaxinación proliferan as narraccións e lendas, que son instrumentos de transmisión oral de diferentes eventos relixiosos. Estes novos xeitos de percepción do sagrado están maís pretos do corazón que do

entendemento. Polo tanto a relixiosidade popular manifestase maís como a expresión daqueles que sinten e ven que daqueles que saben e coñecen.
Finalmente a relixiosidade popular amosa un estilo determinado de relacións co sagrado, fundamentadas nunha postura pragmática. Dende sempre a vida económica do campesiño dependeu en gran medida do azar. Esta inseguridade, esta dependencia de factores externos non controlables -treboadas, xeadas, doenzas humanas e do gando- posibilitou que o ser humano buscase a axuda de poderes sobrenaturais. En consecuencia, esta relixiosidade basease en boa medida nun mutuo intercambio de favores materiais: boas colleitas, saúde, a cambio dunha serie de rituais e ofrendas; éstas podían ser realizadas cando se levaba a cabo a petición (cumprimento a priori) ou despois de ser concedida (cumprimento a posteriori).