Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Do palleiro ó canastro

jueves, 02 de julio de 2020
Quero choutar desde o alto dun palleiro ó tellado dun canastro, pero estou sentado nunha cadeira. Nunha cadeira de madeira e medio escangallada, polo que non quero facer ningún estraño movemento para que non se esmendrelle por completo. Esta é a escusa perfecta para dicir que a nugalla é a dona e señora do meu corpo. Non me levanto eu nin tan sequera para achegarme ata o propio palleiro. Como para subirme logo ó seu pico. Así é que deixo que a nugalla se estenda pola Aira de Arriba e o pensamento furgue por entre os pés dos canastros e por entre o silencio que planea ás Pingas de Orballo: Do palleiro ó canastro catro da tarde e baixo un sol potente, abrasador, sufocante. Estou sentado á sombra. É bonito soñar que chouto dun palleiro ó canastro. Aínda é máis bonito deixar que o tempo pase sen facer nada. Ou pensar que podo acometer a aventura soñada ó revés, ou sexa, brincar do canastro ó palleiro. Nada, simplemente para cambiar un pouco... a dirección, o pensamento; incluso o movemento dunha pálpebra. É que, sinceramente, con esta nugalla téntame o sono e váiseme a vida contemplando un palleiro que non se move e un canastro que fai sombra. Intento cruzar as pernas para moverme e isto recórdame a aquel conto no que un home subía ata un pequeno outeiro para oulear de ansiedade e, por que non, a causa do medo. Medo a que?, a quen? Medo a un desexo que non se cumpre ou medo a unha figura que non se ve. Pero sen afouteza non valemos para nada. Así é que, subo ó palleiro e chouto ó tellado do canastro. Alí berro e ouleo.

Todo é posible
A luz do farol reflíctese sobre a mesa e un compás musical leva os pensamentos por entre os piñeiros dos Castros, por exemplo. Son as tres e vinte da tarde dun domingo calquera. Nubrado, pero calquera. A mirada vai e vén por un recanto da casa buscando o que non hai. Pero vexo cousas que me levan ós tempos de cando un asubío Pingas de Orballo: Do palleiro ó canastro se convertía nun ergutío, ou de cando unha partícula de voaxa era todo un mundo ó descuberto. Nunca souben moi ben por que doe o peito cando latexa o corazón con tanta forza? Quizais porque hai desexos que van moito máis alá dun simple soño. Quizais porque hai carreiros que non van en liña recta. Quizais porque hai pexas que atan a unha idea. Por veces, o mundo é complicado. Aínda que todo sexa moi sinxelo. A cabeza traballa e traballa para volver o dereito cara ó revés, para converter o imposible nunha realidade. Porque todo é posible nesta vida. Ata resucitar de entre os mortos.
A luz do día penetra pola ventá e outro tema musical ameniza o tempo de espera. Hai esperas que desesperan. Porque cando a ansiedade furga por entre as veas da verza, esta abanea e abanea na procura dunha esperanza que non chega. Non obstante, a vida segue e a luz -do farol, do día- reflicte a virtude dunha ansia que está aí, que sempre estará aí. Porque o tempo nubrado, porque o domingo non son quen de parar, de deter uns brincos por entre as carballeiras das miñas aspiracións, dos meus anhelos, dos meus devezos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES