Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Máis barreiras!

domingo, 13 de abril de 2008
Ás barreiras morais, psicolóxicas e ambientais hai que lles engadir as físicas. As que padecen as persoas con limitacións físicas, tanto peregrinos/turistas dos Camiños de Santiago coma os veciños da súa beira. A accesibilidade no Camiño en Galiza, hai que recoñecer que ten moitas lagoas. Abondan casos certamente escandalosos. Sobre todo nas igrexas do Francés.

Cara o Ano Xubilar cómpre tomar en serio o problema. Fan falla proxectos e cartos. Cartos hai dabondo. Unión de forzas do Estado/Xunta e Igrexa. Con Patrimonio á cabeza. Cuestión de prioridades. Por importantes que sexan as pedras, as persoas, máis.A prioridade ten de se notar nun Camiño Patrimonio da Humanidade e Príncipe de Asturias da Paz e a Concordia.

Invito aos responsábeis do Xacobeo fagan a proba de entrar, nunha cadeira de rodas, nalgunha das igrexas do Camiño Francés de O Cebreiro a Portomarín. Proben en Padornelo, Fonfría, San Cristóbal, O Salvador (Sarria) por citar algunhas. Párense na de San Xoán de Portomarín. Ven a ser o cumio da desidia e o desprezo. Mesmo cheira a sarcasmo cara un importante sector da sociedade! Tampouco os veciños, con limitacións, poden entrar na propia igrexa.

¿Cantos mais caídas e accidentes graves ten de haber antes de que se amañe algunha das súas entradas!? ¡De escándalo!. Leva así mais de 40 anos. Non é problema do cura, concello ou pobo. Son os primeiros en loitar. Moitos de nós e milleiros de discapacitados facémonos a pregunta: ¿¡non sería factible darlle a mesma solución que se lle deu en Lugo ao Museo Provincial e á Igrexa de San Pedro?. ¿Onde está o equilibrio e a igualdade de oportunidades!?. Como en Lugo, é só... ¡cuestión de vontade!

Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES