Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Cae a canícula

miércoles, 01 de julio de 2020
Cae a canícula na véspera de San Xoán e Dooley Wilson deixa escapar ese “As Time Goes Bye”, esa canción fetiche da mítica “Casablanca”. Cae a canícula de tal maneira que ata é un crime saír a estas horas á rúa, ou sexa, ás tres e vinte e cinco da tarde. Si, haberá que esperar polo menos ata as seis para o típico cafeciño e para a lectura dalgún outro xornal. Este, no que escribo, xa o lin a iso da media mañá. Pero aínda que caia a canícula, a música de Gato Barbieri refresca un pouco os sentidos. Aínda que caia a canícula, esta non é quen de prohibirlle ós pensamentos que bulen e furguen por entras as sombras da ledicia. Porque hai momentos na vida que nin un cravo ardendo é quen de impedir os soños, as ilusións, as ansias. Cae a canícula ás tres e media da tarde mentres Alanis Morissette deixa caer un “My Humps” que, quéirase que non, chega con tal ritmo melancólico, que non queda outra que poñerse en situación de quedar coa ollada perdida e deixar pasar o tempo. Hai temas que te lanzan a unha melancolía sen cuartel. Tamén é certo que outros estás desexando que rematen. Como esta canícula que funde a un na nugalla máis impresionante. Claro que esta nugalla vén a salvala João Gilberto con “Wave”. De todos é sabido que a música salva o que non se pode salvar. Coma os soños. Coma o reflexo nun espello. Coma as cores da arco da vella. Coma ese sorriso que resplandece por todo o universo. Cae a canícula nesta véspera de San Xoán e non queda outra que aguantar. Ou acubillarse á sombra dun sentimento. Non está mal.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania