Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O paradoxo da tolerancia e o relativismo

miércoles, 01 de julio de 2020
Na Diplomatura de Educación Social ir a clase era unha obriga pero tamén era un pracer. A maioría das materias caracterizábanse polo debate e o alumnado aproveitaba calquera muxica para prender unha batalla dialéctica que, moitas veces, transcendía materias co beneplácito do profesorado.

Un dos debates máis acesos tivo lugar ao redor do relativismo cultural. A miña posición daquela foi totalmente contraria á que hoxe manteño: o respecto e o diálogo co diferente require aceptar unha base común e os Dereitos Humanos parecen o alicerce perfecto.

Daquela o dilema era se a DUDH supoñía unha imposición de occidente a oriente; hoxe vexo a DUDH (a pesares das vulneracións que sofre) o mellor marco de convivencia.

Actualmente enfrontámonos ao paradoxo da tolerancia de Popper. Este paradoxo consiste na obriga da democracia de incluír no seu xogo a quen a quere destruír. O antídoto e a vacina é o pensamento crítico e un bo alimento é a historia que nos amosa como algúns dos seus protagonistas máis nefastos chegaron por vía democrática.

A conclusión é moi simple: a democracia ten a obriga de incluír pero o electorado, lexitimamente pode excluír…
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES