Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O lado bo da pandemia

martes, 30 de junio de 2020
Estarán pensando ¿pero como é posible que unha pandemia teña algún lado bo? Pois si, é a Natureza a que dalgunha maneira se beneficia dunha atmosfera máis limpa consecuencia da regulación da mobilidade, do transporte e así pasamos a respirar un ar sen tantas impurezas como no estado “normal” desenvolvido ata arestora. Pero isto non deixa de ser un espellismo porque axiña volveremos as andadas: os avións sucarán como antes o ar, os coches invadirán de novo as estradas, os trens circularán polos camiños de ferro e os barcos cruceiros pasearán a miles de turistas polas rutas mariñas trazadas para tal fin. E todo isto, que nos parece moi normal, provoca un impacto brutal O lado bo da pandemiae negativo no medio ambiente que, segundo opinións dos que disto saben, pon en perigo á humanidade dando facilidades a aparición de pandemias. Unha longa historia merecente de mergullarse nela. Poñamos algún exemplo.

Os avións. Un avión nun voo de Tenerife a Madrid consume seis mil litros de queroseno (escoiteino dicir cando voaba nesa ruta). Un avión emite uns 250 gramos de CO2 (gas de efecto invernadoiro) por quilómetro e pasaxeiro así que nese voo duns 1.800 quilómetros cada pasaxeiro xeraría 450 Kg. Fagan números e calculen o número de pasaxeiros que van nun avión e multipliquen pola a cantidade de avións que están no ar constantemente e se preguntarán ¿como é posible que a Natureza aguante con tanto lixo? Pero sigamos.

En canto aos coches sabemos que un de gasolina emite uns 145 gramos de CO2 por quilómetro, algo máis cun diésel malia ser este un combustible “maldito” Ben , pois fagamos un cálculo de cantos coches circulan polo mundo adiante e sumemos estas cifras ás dos avións.

E si pensamos nos barcos cruceiros (uns 30.000 no mundo) a cousa vai máis ou menos polo mesmo camiño. Un deses enormes buques que poden levar abordo máis de tres mil pasaxeiros consume uns 111.000 litros de combustible diésel ao día (do de peor calidade, do máis contaminante, do que non se permite en terra). Un barco deste tipo contamina máis que 12.000 coches. Á incidencia destes combustibles de calidade ínfima no caso dos cruceiros haberá que engadir a descarga de augas residuais sen tratar que van ao mar directamente e que a lexislación permite a súa evacuación a máis de 12 millas da costa, distancia que moitas veces non se cumpre.

Os trens en xeral consumen menos dependendo das cabezas impulsoras e a cousa está entre os 2 litros e os 6 litros por quilómetro. En fin isto só no que concirne a transportes que se o pensamos ben pon os pelos de punta porque temos que aceptar que vivimos nun planeta vivo e como tal ten caducidade, un límite vital que podemos alterar reducíndoo drasticamente co noso comportamento sen darnos conta que poderíamos minimizar a incidencia das pandemias se tratásemos ben á Natureza, que poderíamos vivir moito mellor se coidáramos o medio ambiente porque desta boliña que flota na inmensidade do universo polo momento non podemos fuxir pois estamos confinados nela de por vida. Vaiamos na procura de que este confinamento perpetuo ao que estamos sometidos na Terra sexa o mellor que poidamos. Non sei se estaremos a tempo ou quizá sexa tarde porque todas estas incidencias negativas sobre o medio ambiente é posible que sexa o imposto ou tributo que debemos pagar por vivir no sistema no que vivimos. ¿Estaríamos dispostos a algunha renuncia? That is the question.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES