Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aprendendo a vivir de novo

jueves, 25 de junio de 2020
Neste tempo aberto que disfrutamos cómpre non esquecer o acontecido no hospital lucense -Hula-, que de repente tivo que reconvertirse para acoller centos de enfermos aqueixados dun terrible mal, contra o que se loitou con todos os elementos técnicos e humanos. Sabémolo, aínda confinados nas casas, desconectados da realidade directa, mais conectados informativamente ao resto do mundo.

Ese mundo exterior fóisenos abrindo lentamente, apreciando que Galicia, especialmente Lugo, era como un oasis no medio da pandemia, da que nos estabamos librando por quen sabe que influxos. E que Galicia fose o primeiro territorio español en saír do máis grave do problema, pode reforzarnos no criterio de que aquí non pasou case nada, que salvamos de milagro, e que o problema tivérono especialmente outras zonas lonxanas.

Que o único remedio para loitar contra a enfermidade fose enclaustrarse, provocou o perigo de que nos pecharamos mentalmente á realidade, só atentos ao que nos rodeaba. Ignoro cal é o síndrome que nos amenaza de mirar só por nós, os nosos e o noso, pero pode ser un elemento destrutivo da nosa visión do contorno e das relacións co exterior.

Quizais por iso non vemos por fóra tanta xente como sería de imaxinar, xa que o pecharse exteriormente provocou peches interiores. Agardemos que a normalidade actual da nosa existencia polo perfecto funcionamento da sanidade e sanitarios, nos provoque tamén a apertura de mente, a apertura aos demais para –aínda sabendo que nada será igual ca antes- construir a nova realidade na que todos sexamos protagonistas, reinventando condutas, e aprendendo de novo a vivir en comunidade.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES