Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Memoria efémera

martes, 30 de junio de 2020
A memoria, por veces, é efémera. Non sempre lembras o que deberías lembrar. Algunhas veces é por circunstancias e outras por falta de interese. Aínda que cando o que che din significa máis que todo un libro cheo de desexos, seguro que o Pingas de Orballo: Memoria efémeraesquecemento debeuse ás circunstancias. Dicía aquel tal Arthur Schopenhauer -que seica era un filósofo alemán-, que cada un ten o máximo de memoria para o que lle interesa e o mínimo para o que non lle interesa. Quitián Latino Suárez pensa que tal filósofo non discorreu moito, que iso cae de caixón. Porque a el algunhas veces dixéronlle cousas que case lle rebentan os sentimentos, pero que, por circunstancias, esquecéronselle. Iso non quere dicir, entón, que non lle puxese interese ó asunto. Simplemente que o desbordou o feito. Polo que fose. Quitián Latino espera sempre esas confesións que lle fan latexar o corazón de tal maneira que non lle importa que o manquen no peito. É que o fillo da Subela é moi sentido. Ó fillo da Subela vaille moito mellor a frase daquel tal Ramón Gómez de la Serna, que dicía que tiña tan mala memoria que se esqueceu de que tiña mala memoria e acordouse de todo. A Quitián a memoria ás veces fállalle, pero cando lembra, a felicidade báilalle dúas veces na alma. Certo que se dá de cabeza contra a impotencia mentres non lembra, pero cando o fai ou cando lle recordan de novo o feito, tal impotencia brinca sobre a almofada branca do mellor estado de ánimo. Non lle debemos ter medo a que, por veces, a memoria sexa efémera. Logo das circunstancias chega un segundo, un instante para gozar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES