Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Coronel Pena

jueves, 10 de abril de 2008
O 25 de marzo, doíame de non saber dos mortos da guerra en Vilalba, dos innombrables, dos que tanto souberon as cunetas do país. Dor que forma parte dunha gran teima xa que, a pesar de nacer oito anos despois da fin da guerra, quizais por ósmose familiar herdei a mágoa daquel tempo como algo propio.

E debo a García Leira (como tantas cousas, entrelas a amizade) a información de que en Vilalba non houbo ningún morto descoñecido, ningún “paseado”; que ninguén perdeu a vida por pensar de xeito diferente.

Foi o Coronel Pena, que ten praza en Vilalba co seu nome, quen puxo firme ós máis violentos esixíndolles o respecto da vida de todos os vilalbeses.

Sempre se di que a nosa gran guerra foi unha contenda entre irmáns, onde non houbo heroes e viláns senón unha loita fratricida ata a morte. E así foi entre os combatentes, a xente do común, que guerreou perdendo sempre. Pero sí houbo heroes e viláns. Viláns, os que mataron traidoramente, e animaron ou deixaron matar, tiveran ou non sotana. Heroes (moitos tamén con sotana e neste caso con uniforme) os que se plantaban diante dos matadores impedindo o seu traballo criminal, arriscando o prestixio ou a vida.

Fai ben Vilalba en gardar memoria do exemplo do Coronel Pena, de ampla familia vilalbesa, e cunha neta que foi compañeira miña na xa lexendaria escola de Dona Amelia. O Coronel ten quen lle garde memoria. Este Coronel, si ten quen lle escriba.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania