Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os poemas que intercambiamos no confinamento (VIII)

lunes, 29 de junio de 2020
A primavera apareceu e fixo brotar todo de novo, como se nada tivera pasado. Cada día amañece e non hai mal que cen anos dure… Haberá que erguerse e animarse. Para iso nada mellor que a moral de vitoria, por iso, alguén lembrou o “Venceremos nos” na versión que X. L. Franco Grande fixera ao galego. El deixounos neses días, mentres tentábamos cantar para crer no futuro.

“Venceremos nós.
venceremos nós,
algún día venceremos;
dende o fondo da noite
dime o corazón
que algún día venceremos.

Collidos das mans,
collidos das mans,
coas mans de todos faremos
un camiño na noite;
dime o corazón
que algún día venceremos.

Nós non temos medo,
nós non temos medo,
Nós non temos medo hoxe;
Dende o fondo da noite
dime o corazón
que algún día venceremos.

Venceremos nós.
venceremos nós,
algún día venceremos;
dende o fondo da noite
dime o corazón
que algún día venceremos.”

Tamén nos deixou Luz Pozo Garza, a muller do máis fermoso nome. Un nome e apelidos que semellaban escollidos dende antes de ser concebida; ninguna famosa fora quen de buscar algo así para ser lembrada, e a elasaiulle só, por azar. A académica de maior idade, rondando os cen, unha bandeira de elegancia.

Dela tamén nos chegou un poema, “Idea dunha cidade escura” do libro Códice Calixtino. Dedicado ó mestre Borges.

“Cando miro no tempo
a inclinación das sombras benignas e remotas
que se achegan á alma
e que veñen fundirse na frente e adormecen
no segredo dos ollos
e exhalan casi un bafo de pombas fronteirizas
arredor do silencio dos labios
e permanecen para sempreÂ…

Cando miro no espacio
os lenzos interiores dunha estancia perdida
que se enchían de pranto
os lenzos inconsútiles da materia da morte
no fondo da memoria
escribo na distancia unha carta sen término
igual á propia vida…

Cando miro na tarde
cecáis na alma escura para atopar as verbas
acaso nunha fonte escura e libre
ou unha gota que tensa a imaxe ida
onde percibo o tránsito dos que se foron no outono
escribo no vacío dunha páxina escura
a idea dunha cidade escura onde encontrar as aves
últimas da existencia e descubrir o Aleph.”

Fala Luz do Aleph e das perdas, daquilo que queda prendido nas páxinas dos libros, nas aves que se pousan na ponla ou sobrevoan o arao longo das idades da terra, nas cidades que flotan entre a escuridade, no fondo da memoria mentras dura, nas cartas, nas telas que ocultan ou nos ollos que gardan segredos. Fala do inaccesible, do que está no fondo do ser, dende sempre.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania