Cultivadores de fraternidade
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 25 de junio de 2020
Despois de tantos días de confinamento todos botamos en falta a proximidade física entre as persoas.
Todos nos vemos privados da liberdade de movementos.
Todos notamos a falta do trato humano directo de ti a ti.
Todos botamos en falta o ritmo de vida que viñamos tendo; pero a situación cambiou.
Un pequeno virus microscópico está a producir grandes cambios nas nosas vidas.
Grandes cambios que afectan a todos sen discriminación.
O virus non discrimina; pero os seus efectos non son iguais para todos.
Dentro da infancia hai xa diferencias importantes:
Aquelas criaturas que lles tocou nacer dentro dunha familia cun bo nivel cultural e adquisitivo poden ter acceso a unha vida ben diferente de aqueloutras que lles tocou nacer no seo de familia sen recursos culturais nin económicos.
Esta situación levaranos sen lugar a dúbidas a unhas desigualdades cada vez maiores.
Porque nada sustitúe ás relación humanas con presenza física.
POR ESO NESTES TEMPOS SON MÁIS NECESARIAS QUE NUNCA A RELACIÓNS CARGADAS DE FRATERNIDADE E CALIDEZ HUMANA.
-Relacións humanas e próximas entre profesorado e alumnado.
-Relacións humanas e próximas entre comerciantes e clientela.
-Relacións humanas e próximas entre empresarios e traballadores.
-Relacións humanas e próximas entre os membros dunha mesma familia.
-Relacións humanas e próximas entre o vecindario.
-Relacións humanas e próximas entre amistades.
-Relacións humanas e próximas entre autoridades e subordinados.
En resume: RELACIÓNS FRATERNAIS: HUMANAS E PRÓXIMAS ENTRE HUMANOS.
Esta situación na que todos nos encontramos incómodos ha de servirnos para sacar moitas conclusións sobre a importancia das relacións humanas con presencia física.
TODOS NECESITAMOS PERCIBIR O EFECTOS QUE PRODUCE:
-Ver o semblante que pon o interlocutor.
-Ler a mirada que di, a veces, máis que as propias palabras.
-A beleza única e intransferible dun sorriso.
-A dozura dunha caricia dada no momento oportuno.
-O valor dunha aperta ben apretada.
-O recendo propio de cada persoa.
-Os acenos únicos de cadaquén.
-O xeito de andar.
-A maneira de facer.
-A particular maneira de ser
E un logo etc. que dá unhas características peculiares a cada ser humano.
Somos sociables por natureza e as circunstancias actuais privannos en boa medida da nosa realización persoal como seres sociables.
Ninguén sabe con exactitude canto tempo durará esto, o que si sabems é que nos está pasando factura:
-Moitas persoas estarán sufrindo traumas psicolóxicos e económicos derivados desta pandemia.
-Para as persoas de avanzada idade aínda se acentúan máis
-Moitos pequenos empresarios terán que volver a empezar de cero.
-Suporá un antes e un despois para moitas familias que de levar unha vida máis ou menos acomodada, pasarán a unha situación de estreitura severa.
É urxente que recuperemos na medida do posible as relacións de toda a vida porque as boas relacións e a fraternidade non pasan nunca.
ESPEREMOS QUE A FRATERNIDADE, A HUMANIDADE E A PROXIMIDADE NON PASEN A SER RELIQUIAS DUN PASADO GLORIOSO QUE, ó mellor, NON SOUBEMOS APROVEITAR DEBIDAMENTE.
Se este calvario nos servíu para recuperar unhas novas relacións humanas cargadas de fraternidade, humanidade e proximidade, será unha boa lección aprendida.
Vai a presentar certas dificultades, pero deberemos superalas.
¡UNIDOS NA DISTANCIA!
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola súa fraternidade e a súa proximidade nas relación humanas.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora