Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O cravo ardendo

miércoles, 24 de junio de 2020
Celos. Seguro que son celos. E aquel mirou de esguello para o outro que contemplaba a luz da lúa vella. Din por aí que ter celos non é ter desconfianza, senón que é o medo de perder a esa persoa que queres. Aquel semella que tiña medo de perder a lúa chea. Tamén é verdade que a lúa chea, o resplandor da lúa chea non é cousa de pouco. Celos. E aquel emprendeu o camiño que vai ata o final, aínda que o final non estivese ás súas vistas. Tiña fe e tiña confianza. Tiña tanta confianza que non lle importaba agarrarse a un cravo ardendo. Aquel sabía que un cravo ardendo queimaba. Sabíao e, non obstante, abrasábase. Leva tempo que el mesmo sabe que cheira a chamuscado, pero non é quen de soltar o cravo. O cravo ardendo. Sabe que todos os días se producen milagres. Confía na esperanza. Aquel segue mirando de esguello para o outro. Non pode evitar os celos, e aínda así segue confiado polo camiño que escolleu. Con desexo e con carraxe busca o final que aínda non ve. Mais sabe que estará aí, que haberá final. Mentres non chegue á meta cheirará todo el a queimado. Non lle importa; ata un tizón negro ten dereito a escribir certos sentimentos nas noites de silencio. Séntese carbonizado pero cheo de ansiedade por penetrar no resplandor da súa lúa vella. E nin os celos serán quen de que solte o cravo ardendo. Así é que, aquel deixa de mirar de esguello ó outro, e agora sabe que ó pasar aquela curva, está a fin do camiño. Na meta atopará a calma e os soños. Se por un casual todo é auga de bacallau, non lle importa coller de novo o cravo ardendo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania