Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Internet, imparable

jueves, 10 de abril de 2008
O Guadiana Internet vai como unha moto. Guadiana só no sentido da consideración nos medios, neses medios que teñen en Internet a maior competencia.

Prensa, Radio, Televisión. E, por fin, Internet. Poderá haber outros medios, outros sistemas, no futuro. Pero Internet parece o medio definitivo cando ten alcance mundial, pode acceder a el prácticamente todo o mundo e do mesmo xeito prácticamente todo o mundo pode intervir para repostar, para intervir no fenómeno da comunicación.

De cando en cando alguén proclama que Internet vai ben. A última nova, polo de agora, é un incremento en 2007 do cincuenta e cinco por cento da publicidade na Internet en España con relación ó ano interior, sendo o Medio que rexistra un maior incremento moi por diante da Televisión, da prensa ou a radio.

E ó mesmo tempo, na Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia andan a buscar un sistema xeitoso para que no rural galego se poida tamén disfrutar de Internet, pensándose mesmo nun satélite como solución.

O certo é que manexamos un medio con posibilidades infinitas en todo o mundo, especialmente en lugares como Galicia onde outros tipos de comunicación son máis difíciles ou costosos. O certo é que a publicidade aumenta, que a cobertura mellorará, que cada vez a Rede é máis tupida.

Internet será cada vez menos Guadiana porque cada vez lle vai ser máis difícil ós outros medios silenciar a súa presencia e actividade. Internet é imparable, e os que estamos dentro deste mundo notámolo cada día, cada hora, cada segundo. “A nave vai”, e nós viaxamos nela.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES