Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A distancia

martes, 23 de junio de 2020
A distancia que vai entre ti e máis eu é coma o percorrido dun suspiro nunha noite de silencio e ás escuras. Hai distancias que comprimen o tempo e hainas que son todo un inferno. Quero que a nosa distancia non se mida. Quero que non exista. Pero existe. Tamén existe a aurora e desaparece. Tamén existe o silencio e, de cando en vez, asoma Pingas de Orballo: A distanciao ruído. Tamén existe a dúbida, o pero, o case. Ese case no que hai confianza. Ese pero no que hai esperanza. Esa dúbida na que sempre hai e haberá a forza dun latexo. A distancia que hai entre ti e máis eu é un pequeno chouto no tempo. Nada máis. Simplemente hai que coller impulso e saltar. O que hai máis alá seguro que concorda coa brandura dunha almofada. Nesa almofada na que descansarán os soños e na que loitarán os centímetros que poida haber entre ti e máis eu. Si, xa se sabe que ás veces os centímetros fanse moi longos. Pero longa tamén é a ansiedade e, non obstante, véncese a base de calma, de moita calma. A distancia é a ponte que nos leva do suspiro ó lamento, da bágoa ó sorriso, do silencio ó ruído, dunha ollada a un bico. A distancia entre ti e máis eu semella que existe pero non existe. Porque xa dixen que a nosa non se medía. Xa dicía aquela tal Jane Austen que non hai distancia cando se ten un motivo. O motivo haino. Sempre o houbo. E sempre o haberá. A distancia non vai ser quen de non deixar escoitar o berro que atravesa o tempo. Porque hai berros que atravesan a distancia entre dous carreiros, entre dous pensamentos, mesmo o propio universo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES