Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Da pandemia á peste

lunes, 22 de junio de 2020
Os medios de comunicación escritos empezan a deixar de lado ó coronavirus. Cada vez lle dedican menos páxinas á pandemia que nos asolou (e aínda nos está asolando) durante máis de tres meses, porque agora téñense que entregar á peste da campaña electoral. Si, da pandemia a peste. Entendo que ós propios políticos lles sente mal este termo, pero visto o visto doutras campañas ou das de sempre ata poida que o tal termo sexa bastante benévolo. Aínda que neste período electoral que nos entra van faltar moitas cousas dos anteriores, grazas ó outro termo, ou sexa, ó da pandemia. Os mitins brillarán pola súa ausencia e a verborrea quedará para os medios de comunicación; que non é o mesmo berrar coa linguaxe escrita que oralmente. Tamén serán menos días que os que levabamos de pandemia, pero suficientes para ver e escoitar as pestes, para ulir incluso as cheirumes dalgúns partidos.

Peste ou pandemia tamén é a que está acontecendo no pobre Celtiña. Non levanta cabeza. Espero, confío e desexo que no momento de ler este Recuncho lle ganase onte ó Alavés, que como non o fixese, vai estar perdidiño. Vino o outro día co Valladolid e aínda que nunca me gustou meterme cos adestradores nin con ningún xogador (e sabendo, por suposto, que cada afeccionado levamos un adestrador dentro), por esta vez non vin con bos ollos a labor de Óscar García. Principalmente con respecto ós cambios. Agora que nesta continuación da Liga deixan facer ata cinco cambios, o adestrador do Celta fixo tan só un. Si, oficialmente fixo dous, pero é que o segundo, para min, foi coma un insulto para Brais Méndez. Se non erro, cambiouno no tempo de desconto e cando faltaba tan só un minuto ou nin iso. Certo que o equipo semella que lle puxo máis intensidade que no anterior partido, pero vendo que o resultado non se movía, Óscar García debería de optar por intentar revolucionar o Celta con algún que outro cambio.

Non obstante, o que máis me impresionou foi o detalle con Brais Méndez. Sigo dicindo que para min iso é coma un insulto... “ale, salta ó campo para que se vexa que saltaches”, porque a verdade é que nin tempo tivo de tocar un balón. Outra cousa é que empregase ese recurso do cambio para perder tempo, pero non para insultar a un rapaz.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania