Novas que non deberían selo
Santalla, Iago - miércoles, 24 de junio de 2020
O mércores pasado Pablo Alborán declara abertamente a súa homosexualidade e convértese en tendencia no Twitter. Isto non é positivo para quen loita pola diversidade e a naturalización da diferenza; xa que ningunha condición humana debe influír no acceso á igualdade de oportunidades das persoas.
Estou seguro que Pablo meditou moito a súa decisión e aí temos o problema: un país libre e democrático ten que asegurar a expresión plena a toda a cidadanía e non pode permitir que o odio ao diferente a limite.
O obvio bate coa realidade e resulta que dicir quen es si pode traernos problemas. Situarse fora do canon ten un prezo que converte en valentía o que sinxelamente debería ser natural. Oxalá Pablo siga sendo tendencia polo seu traballo: que recolla éxitos, que espalle soños e que entre eles agrome un mañá no que a condición sexual sexa totalmente superflua no acceso á igualdade de oportunidades.
Oxalá, tamén, que esta democracia eivada se cure a si mesma ata facer un país capaz de cumprir aquel desexo de Sabina: que ser valiente no salga tan caro. Que ser cobarde no valga la pena. Pablo foi valente, a partir de agora cabe desexar que só a súa carreira profesional o poña ante os focos dos medios de comunicación.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora