Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Convivencia Traidora

viernes, 19 de junio de 2020
O ser humano altérase axiña. Todos sabemos que nos chega unha mexericada ou calquera carallada de nada para botarlle un can ó rabo. E nun chiscar de ollo podemos mandar a tirar dun carro a toda unha relación de amizade, de convivencia ou incluso familiar. Que foi o que máis ou menos aconteceu na aldea de Cantoña, termo municipal Pingas de Orballo: Convivencia Traidorade Paderne de Allariz, que alá polo mes de marzo de 1931, o capataz das obras do ferrocarril Zamora-Ourense, que era de Santa Comba de Bande e que respondía ó nome de José García Alonso, tivo unha liorta cun tal Verísimo Gavilanes Salgado. O caso é que o tal capataz hospedábase na casa de Matilde Puga Romero, viúva e sogra do Verísimo e esa convivencia ó xenro non lle gustaba un carallo. Fose por celos ou por interese, o conto é que entre o capataz e o Verísimo iniciouse a típica discusión polo valor dunha palla e o de Santa Comba de Bande non lle andou con lerias: axiña botou a man ó peito, sacou unha pistola e sen pensalo dúas veces, lanzoulle un disparo ó Verísimo que o alcanzou na rexión glútea, ou sexa, nunha nádega, é dicir, no cu. Como o tiro semellaba que non era mortal (aínda que máis tarde si pasaría ó estado de gravidade), o xenro da Matilde debeuse repoñer porque o capataz seica apareceu tamén cunha ferida na cella esquerda producida por un obxecto ou instrumento cortante. Logo do suceso, axiña apareceu a Garda Civil de Xunqueira de Ambía para deter ó José García Alonso, na aldea de Guede, no concello de Baños de Molgas. Resumindo: que o ser humano cando non razoa, dispara.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES