Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O sorriso de Araceli

miércoles, 17 de junio de 2020
O sorriso de Araceli Era o primeiro que percibías de Araceli: Un sorriso amplo, acolledor, aberto, porta de entrada á amizade. Logo percibías o calor da cultura, do saber, do entrañable, do familiar…e entendías por que Araceli Herrero Figueroa ía ser a túa amiga durante toda a vida.

Levábamos corenta anos de amizade que pasaron nun suspiro, que empezaron nos meus tempos da radio cando publicou o libro sobre o Pimentel inédito ou non recompilado. Porque foi Pimentel a primeira devoción que lle coñecín, pasando logo por Cotarelo Valledor, Xesús Rodríguez López, Cunqueiro ou Doña Emilia para desembocar en Don Ricardo.

Por Carballo era -máis ca devoción- relixión e confesaba que por Don Ricardo renunciou a estudar medicina, contaxiada polo vello profesor de Fingoi de amor pola literatura e a docencia. E a Don Antonio Fernández agradecíalle ter creado o singular colexio co que Lugo entrara nunha nova dimensión cultural e social, sen deixar pícaramente de agradecerlle que, por unha das súas iniciativas empresariais -Oural- coñecera a Humberto, o amor da súa vida.

Teño a honra de posuir o que supoño é o último traballo de Araceli (sobre o maxisterio de don Ricardo, no libro “Carballo Calero en Lugo” de inmediata publicación), resultando o libro unha homenaxe a Araceli pola súa xenerosidade e colaboración.

O maldito coronavirus arrebatounos a Araceli, despois de tres meses de loita. Que as bágoas da súa familia e todos os seus amigos se vexan compensadas co agarimo pola entrañable profesora que acababa sendo amiga dos seus alumnos, e dalgún xeito irmá dos seus amigos, que tentamos despedila cun triste sorriso.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES