Rotular en galego
Editorial - miércoles, 09 de abril de 2008
Hai inquedanza entre moitos galegos que reciben noticias de Cataluña de que algún comerciante ten sido multado por non rotular en catalán o nome do seu establecemento.
E os rumores exténdense no sentido de que vai ser obrigatorio en Galicia rotular en galego todo tipo de establecementos. E calquera información en contrario atopa un caldo de cultivo no que non acaban de asentar os datos e as afirmacións máis razonables.
Se gobernase o Bng en solitario, pode que endurecera as condicións nas que o idioma debe aparecer en público, sexa rotulado, no audiovisual ou nos medios escritos. De feito, por parte do grupo nacionalista no Parlamento presentouse unha iniciativa legal para endurecer a situación e obrigar a rotular en galego.
Pero o Psoe goberna aínda que sexa coa axuda do Bng, o tema lingüístico é competencia dos socialistas, e o Presidente Touriño xa fixo saber a súa opinión de que o idioma debe convencer e non vencer, dialogando e nunca con imposicións.
Nesas estamos. En que nos tememos a influencia catalana, agardamos que o sangue non chegue ó río, e esperamos que o sentido común se impoña do xeito que ata agora viña funcionando no que hai subvencións para a rotulación en galego, pero ninguén prohibe en Galicia a utilización do outro idioma legal neste país.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora