Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Novo rexurdimento

jueves, 18 de junio de 2020
Esa visita inesperada e inoportuna dun virus coroado que chegou con ganas de proclamarse o rei do mundo, en Galicia non o tivo tan doado porque os galegos sempre soubemos facer fronte ás adversidades con tesón e tenacidade.

SOMOS XENTE REXA, DISCIPLINADA, LOITADORA, SACRIFICADA Ó MÁXIMO E DISPOSTA A FACER FRONTE A TODO TIPO DE ADVERSIDADES PORQUE LEVAMOS SANGUE CELTA NAS VEAS.

Sabemos que nos esperan tempos duros.
Tempos nos que as probas a superar serán moi difíciles; pero non insalvables.

CONSERVAMOS A ESPERANZA ATA O FINAL PORQUE A ESPERANZA NUNCA DEFRAUDA E ESTAMOS CONVENCIDOS QUE SAIREMOS FORTALECIDOS.
Sairemos fortalecidos porque estamos habituados a traballar de sol a sol e traballaremos tanto como faga falta ata recuperar o estado de benestar que nos permita levar unha vida digna.

DESDE NENOS A MAIORES ESTAMOS CONVENCIDOS QUE TEMOS QUE POÑER OS NOSOS TALENTOS A PROBA:

A infancia e a xuventude merrece máis atención que nunca porque está máis exposta a perigos que nunca.
As redes sociais son unha arma de doble fío que haberá que controlar.
Todos temos que implicarnos a fondo para que este colectivo integrado por persoas novas será o que construirá ese futuro prometedor que todos estamos desexando.

TEREMOS QUE EMPREGARNOS A FONDO NA SÚA BOA PREPARACIÓN PORQUE:
-Unha parte destas persoas serán mestres modélicos que erradicarán a ignorancia, porque haber, haina e moita.
-Outra parte curará moitas enfermidades raras destas que están aparecendo para que as persoas disfruten da vida con saúde.
-Outra manterá a orde pública para que poidamos vivir en paz e seguridade.
-Outra sacará riqueza da terra e do mar porque deles saen os alimentos que todos precisamos.
-Oura traballará para que o aire que respiramos sexa de calidade.
-Outra parte ocuparase do mundo da empresa para que non falten os bens necesarios para crear benestar material.
-Outra ocuparase do benestar psocolóxico porque vai haber moitas persoas que precisen este tipo de atención despois de tanto sufrimento.
-Outra sentirá a necesidade de acercar as almas a Deus porque hai moita máis sede de Deus da que a simple vista parece.
A materia é moi necesaria; pero a Palabra de Deus ilumina o camiño a seguir pola acción do Espírito Santo.
-Outra, unha boa parte, rebosará de xenerosidade porque saberá que un bo corazón é un gran tesouro.
-Outra alegrará a vida de grandes e pequenos derrochando optimismo, alegría, cariño; sobre todo naqueles ambientes onde máis se precisa.
-Outra ocuparase dos servizos para que non nos falte o necesario.
-E cada persoas desde o seu posto, sacará o mellor de si pensando no ben colectivo para cambiar esta vida incerta por outra mellor e máis segura.

Pero para que todos eses froitos cheguen a lograrse é imprescindible a colaboración do colectivo de adultos que inculque bos principios.
Este colectivo xa terá ben aprendida a lección de que os bos principios son a base sobre a que pode construirse unha vida digna de ser vivida en plenitude.
Será este colectivo o que teña que facer unha profunda catarse para adaptarse a esta nova realidade para conseguir esa ansiada normalidade no prazo máis curto posible.

E tamén vai haber deberes para a senectude.
Todo canto está pasando ten que servir de aprendizaxe porque a fin de contas o que verdadeiramente nos une a todos é o desexo de felicidade baseado nas relacións fraternais.
De xeito que para poder disfrutar dunha vida feliz temos a obriga de cultivar e regar tódolos días e a tódalas horas a preciada planta de fraternidade.

Precísanse cultivadores de fraternidade para propiciar este novo rexurdimento que tanto urxe neste momento de historia universal.

“CULTIVADORES DE FRATERNIDADE”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas pola súa valiosa colaboración nesta causa tan encomiable.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES