Civismo, dignidade e liberdade persoal
Santalla, Iago - miércoles, 17 de junio de 2020
A raíz dun caso visto na cidade da Coruña e moi polémico nos últimos meses, un dá en cavilar en que se pode ou que hai que facer (actuando con ética) cando unha persoa atenta reiteradamente contra a súa propia dignidade. A cuestión é se forma parte da súa liberdade persoal ou se sobre ela priman as condicións necesarias para o desenvolvemento da vida humana.
Este debate paréceme moi complicado, non en tanto, creo que é necesario empezar a poñelo sobre a mesa e poboalo de argumentos. A dignidade humana contén as necesidades básicas para o desenvolvemento persoal. Polo tanto, parece difícil que fora dela haxa liberdade. Ben é certo que ninguén é quen para coutar a unha persoa en plenas facultades. Con estes vimbios hai que recurrir ao contrato social e lembrar que a crise do 2008 supuxo unha vulneración total e absoluta do mesmo por parte das institucións.
Dalgunha maneira esa vulneración segue vixente e daqueles pos estes lodos. Polo tanto, é necesario que as institucións públicas asuman o seu papel de protección da cidadanía, lexislando, cumprindo e facendo cumprir o lexislado; e tendo conta que soamente dotando de dignidade ás persoas se tece unha cidadanía libre.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora