Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

José Val Val, cura de Vilar de Ortelle

lunes, 15 de junio de 2020
A modo de coda ao escrito de don José Manuel Ledo López, médico e ex-alcalde de Ferreira de Pantón acerca de don José Val Val, cura de Vilar de Ortelle.

Hai poucos días por medio duns amigos moi estimados tiven coñecemento da glosa escrita por don José Manuel Ledo López, que agora reproducimos en Galicia Digital. Quixera acompañala, a modo de coda, deste breve comentario.

Pepe Val e máis eu somos amigos, moi amigos, desde hai moitos anos. Ao longo das nosas vidas compartimos alegrías, preocupacións e ideais. Un ideal, non pequeno,foi manter lealdade, amizade e fraternidade construída durante todos os anos de formación e convivencia no Seminario de Lugo, non só a nivel individual, senón entre todos os compoñentes daquel curso.

Namentres a saúde llo permitiu, Pepe foi un firme esteo deste compromiso. Dúas ou tres veces cada ano, xa na súa casa ou nun lugar estratéxico chamaba para compartir amizade, alegría, nunha palabra, rexuvenecer. Era como o cemento que unía.

Era tan natural, tan bondadoso e intelixente, que non se lle notaba que era a alma do grupo. Grazas,querido Pepe.

Esta inquedanza de compartir trasladouna a todo o arciprestado de Ferreira animando a construción dunha casa na que podían convivir fraternalmente todos os curas da zona, colaborando e servindo de mutuo apoio.

Da súa actividade e compromiso coa súa Terra falan as súas obras, moitas delas citadas polo seu amigo, Don José Ledo López,a quen, tamén quero agradecer a súa sensibilidade e a leal, desinteresada e valiosísima colaboración que sempre lle prestou. Unhavez máis a súa xenerosidade permitiunos publicar en calquera medio a glosa dedicada a Pepe Val.

Como Pastor e crego era discreción,apoio e servizo, todo dentro dunha naturalidade asombrosa. Pepe entendía que a súa función era acoller, acompañar, respectar e servir, daba a vida porque a xente fose feliz e se levase ben. Creo que cumpriu moi ben o seu propósito.

Como amigo, síntome moi honrado da súa amizade. Non me cabe dúbida que descansa na paz que tanto amaba.

Facer clic aquí para ver o artigo a tamaño completo


José Val Val, cura de Vilar de Ortelle
Pin Millares, Xosé María
Pin Millares, Xosé María


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES