Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ainda bo é que nos queda Lisboa

lunes, 15 de junio de 2020
Xa estou canso de algúns xornalistas que moitos coñecemos polos seus contos "bulos", cousa que queren manter a chamada de "equidistancia" dicindo que hai moita crispación no parlamento como se fora culpa de todos ou que os políticos non acadan dialogar xeneralizando, cando todos sabemos á perfección que grupos do parlamento son os que tomaron o camiño da descualificación, a mentira, insultos e o todo vale.

A eses políticos que hoxe usan eses cualificativos tanto no Parlamento como en rodas de prensa ou a nivel persoal, algúns "xornalistas" tamén lles tiñan que lembrar e preguntar: señores, vostedes son os mesmos que falaban que o Prestige eran uns "hilitos". Os mesmos que esnaquizaron documentos a golpes de martelos os discos duros, para non decatarnos das súas falcatruadas. Os mesmos que nos levaron á guerra de Iraq. Sodes aqueles que privatizaron a sanidade pública e o ensino. Vos sodes os mesmos que faltaron ao respecto as vítimas do atentado de Atocha. Os mesmos que crearon eses fondos voitres (capital estranxeiro), mercando vivendas sociais para logo vendelos a prezo de ouro. Señores xornalistas, preguntarlle se son os mesmos que fixeron a reforma laboral esnaquizando o mercado do traballo, creando paro e emprego precario. Que non vos quede no tinteiro o preguntarlle daquelas tarxetas blak, con moito diñeiro para gastalo en "clubs", barcos e outras mercadorías de "primeira necesidade". Tamén preguntarlle como lle vai aos Srs. Bárcenas e Rato, homes do "milagre" español. Ou facerlle o comentario señores "xornalistas" por algo máis recente: ¿Como vai iso do Master Sr. Casado?. A memoria neste país axiña esquécese, ou tratan de que non a lembremos, pero as hemerotecas por sorte aínda non se queimaron nin as bateron cos martelos dos discos duros.

Estes son os mesmos que piden claridade e dimisións ante unha pandemia que non se recorda en máis de cen anos. Dimisións que xamais houbo nese partido PPepeiro porque... antes morto que sinxelo.

Agora vou escribir soamente un anaco desa escisión do PP (que moitos xornalistas e xornais están a branquear) que se aproveitan da democracia no Parlamento para pervertela, xa que da pé para non escribir ren de ren. Porén, escoitar a algúns deses voceiros intentado de forma continua atentar contra o réxime democrático de liberdades, xustificar o racismo, a xenofobia e apoiar politicamente unha forma de violencia exhibindo bandeiras anticonstitucionais en actos políticos; cousa que en Alemania por mor de exhibición dunha bandeira nazi é delito. A rabexa que teño, non me queda outra que comentar para acougar un pouco a tempestade que roe a miña cabeza.

Unha conduta que supón unha clara apoloxía dun réxime fanático e ditatorial que practicou o terrorismo de Estado, mediante a represión e execución de disidentes e o encadeamento de milleiros de persoas polas súa ideas políticas. En resume: un partido que vai contra os Dereitos Humanos non debe ter cabida dentro da nosa Constitución. Tratar de derogar a lei de violencia de xénero con mentiras e datos falsos supón, de algunha maneira asumir ser cómplice de quen practican ese terrorismo machista case día a día. Ningún estado democrático pode tolerar semellante aberración. O máis triste de todo e ver como se segue branqueando nos medios a estes desalmados.

Porén, vouno deixar moi claro como a auga cristalina, escribir ou comentar sobre estes analfabetos funcionais, prodúceme moito noxo e por veces moi vomitivo.

Ante todo isto que está a pasar cunha pandemia de cabalo, un inimigo invisible, aínda temos que aguantar outro virus (este visible) cunha dereita extrema e outra extrema dereita que da vergoña allea cando comentan de toda esta tropa os xornais de Europa.

Aínda bo é que nos queda Lisboa.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES