Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Primeira lección

viernes, 12 de junio de 2020
Desgraciadamente, estamos nunha etapa do noso decurso vital na que a pandemia do COVID-19, como evento, invita a ocupar o máis extenso espazo informativo, con numerosos comentarios e, seguramente, a proliferación das hoxe coñecidas como FAKE NEWS, que xa é o colmo de acudir ao inglés para expresar algo que podía dicirse en español correctamente. E perdóenme a disgresión. Do que si se fala, cando menos coloquialmente, é que os membros da nosa sociedade non deberíamos deixar pasar algunhas mensaxes que este evento nos ofrece e sería de desexar que quedaran ben impresas na conciencia dos cidadáns.

É curioso que o contido desta primeira lección veña insinuado, no meu caso,por dúas anécdotas: Un fillo dun emigrante español, profesor en Hamburgo, informa a seu pai, residente en España, de que nesa gran cidade na que traballa, xa sen confinamento, hai menos xente pola calle que nalgunha española con saídas reguladas por decisión do Goberno en Estado de Alarma. A isto cabe engadir o comentario dunha persoa de relevancia profesional, que na cidade onde vive puido ver importantes incumprimentos das regulacións establecidas, e rapaces xogando agrupados, sen ningún control paterno ou materno, precisamente a unha hora propicia para estar estudando.

A primeira lección é fácil de entender; pero, segundo as experiencias vividas aquí no noso país, difícil de interiorizar, e considérase sen interese, para ser tomada en serio, por uns cidadáns que dedican demasiado tempo ao deporte, á mascota e aos medios de comunicación (teléfono móbil, internet, etc.), banalizando o uso deles en contidos dun indiscutible infantilismo, posto que o mesmo proceso da civilización dos distintos países nos evidencia que hai pobos infantís, en oposición a outros que ofrecen unha certa adultez. Pero en todo caso, o que talvez conveña resaltar é algo tan evidente que en calquera sociedade civilizada ningún ser humano ven ao mundo xa civilizado, senón que ten que civilizarse nos procesos propios da súa sociedade; pero se esta ten compoñentes dun certo infantilismo, este encontra arraigo na intimidade do mesmo individuo, dende neno.

Si…, a lección é fácil de aprender cando os mesmos animais cualificados de irracionais xa nacen con ela moi ven aprendida, é dicir, con este saber innato, como unha colmea, por exemplo, no seo da que viven e traballan as afanosas abellas, non pode ser caótica, e por iso existe incluso unha raíña á que todas seguen, porque se algo teñen moi claro é que os problemas da colectividade (e permítanme este termo) só se resolven conxuntamente. E isto expresámolo as persoas humanas, que nos auto–definimos como animais racionais, enfaticamente, afirmando que vivimos en sociedades organizadas e estruturadas cun elevado grao de racionalidade; pero, bloqueando os procesos históricos da civilización, unha vez que desaparece o medo e xorde o chularía da desvergoña, esquecemos a nosa dependencia das autoridades que nos dirixen e teñen a obriga de sancionar a insolidariedade nas perigosas situacións caóticas.

Pero isto alcanza, ás veces, tal relevante envergadura que falar de “estrutura social”, “procesos sociais”, “progreso social”, etc., non ten outro sentido que caer nunha especie de construción ideal para expresar traballos de investigación sen arraigo na realidade sociolóxica. Eu atrévome a escribir que a “primeira lección” que temos que aprender algúns cidadáns é só a PRAXE DE SER CIDADÁN, PECHANDO AS NOSAS ACTUACIÓNS AO AMONTOAMENTO DESORDENADO E ÁS ACCIÓNS INDIVIDUAIS EN CUESTIÓNS SOCIAIS. Ademais, con este fin, as persoas responsables da rapazada deberían preocuparse do control externo dos rapaces, porque este ten unha importante tradución ao autocontrol individual interiorizado, absolutamente necesario para que a praxe dos contidos de “primeira lección”estea dirixida a impedir que os impulsos pasionais e afectivos a orienten, en vez de empregar o razoable.

Talvez unha maneira de expresar a necesidade de practicar o contido desta lección primeira fora, con perdón do orgullo dalgúns españois, descubrir as formas incivilizadas dos nosos comportamentos para corrixilas. Os alemáns dirían que non estamos CULTIVADOS, porque eles utilizan o termo CULTURA para referirse, precisamente, á interpretación de si mesmos, e o de CIVILIZACIÓN, para eles, ten menos relevancia e fai máis ben referencia a algo externo. Parece pertinente, pois, insistir en que, aquí, o termo “civilización” connota un certo dinamismo procesual, e o resultado deste proceso de educación social vese reflectido no comportamento cidadán. Xustamente por isto, os padres non podemos eludir a nosa responsabilidade, atribuíndo á xeración dos nosos fillos certos actos de incivismo como se lle foran propios, como se estivéramos en presenza dunha innovación progresista da mesma; pero no proceso da civilización tamén estamos implicados nosoutros, e algunha experiencia para enriquecela teremos…, ou non ?!.

Non me nego a recoñecer todo o que o pobo español evidenciou de exemplar no seu comportamento durante o tempo máis angustioso da virulencia dos virus da pandemia, ponderando os efectos do medo, sobre todo ante as desconsoladoras noticias que hora tras hora nos informaban da letalidade dos mesmos, e exclúo desta opinión crítica todo o que se poda deber a un certo desconcerto xerado pola imprecisión dalgunhas decisións das autoridades, máis ou menos xustificadas por un descoñecemento, aínda que non tanto polo imprevisto, xa que advertencias oportunas si houbo. Pero os actos de incivismo, sen a labor eloxiosa de todos os axentes da autoridade e do mesmo exército, non dubido que houberan sido numerosos, como o confirman as sancións e detencións; si, numerosos e desvergonzados, nunha situación de tanto apremo.

Creo que os cidadáns necesitamos reflexionar moi en serio acerca da indiscutible necesidade de vivir en sociedade, e esta desgraciada situación ofrécenos a oportunidade de experimentalo con tal clarividencia que non deberíamos desbotar, porque todos os valores propios da personalidade carecen de sentido desvinculados da sociedade na que vivimos, da que recibimos apoios, estímulos, goces derivados dos esforzos nos avances tecno–científicos, conforto derivado dunha CON-vivencia ordenada e non mal aproveitada polos empeños dunha trivialidade impropia do século XXI. E, a contrario sensu, os exemplos do incumprimento das decisións gobernativas son unha lamentable evidencia.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES