Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mascariñas

miércoles, 10 de junio de 2020
Levo mal o da mascariña, da que os entendidos dubidaron un tempo da súa utilidade, e que me resulta moi incómoda.

Hai meses, só contemplábamos mascariñas nos aeroportos, en persoas en transito a outros países, fose por problemas propios ou por temor a contaxio de males que circulan máis doadamente nas aglomeracións. Hoxe, por Lugo, a utilización é casi xeral, por medo a contaxios ou por cumprir a obriga da súa utilización.

Por ser regular fisonomista, teño dificultades para identificar aos coñecidos baseándome só na parte superior da cara, a menos que as súas características físicas axuden a recoñecelos, asaltándome a cinéfila sensación de vivir nunha vella película de vaqueiros onde os facinerosos protexían a súa identidade cubrindo cun pano a parte inferior da cara. Pero non son eu só o do problema, xa que cando hai uns días se publicou a foto do xurado de Paradela, no que eu me atopaba, todos co medio antifaz de rigor, houbo amigos que me preguntaban cal era pola dificultade de identificación dos enmascarados.

Para voltar á vida normal, conseguida a circulación interprovincial, tomada a primeira caña en tres meses nun bar do centro, sabendo que en Lugo se van celebrar as tradicionais cerimonias solemnes do Corpus e se estean producindo actuacións musicais arredor da muralla, só me faltan as mascariñas, que parece que viñeran para quedarse por coidar que as transmisións orais son as máis problemáticas, e os potentes virus permanecen no aire durante un tempo. Eu lévoas mal. Pero non tanto como a xente que a leva mal posta, por baixo do naris, ou simplemente non a leva.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES