Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Carácter de sentimento

sábado, 13 de junio de 2020
Pingas de Orballo: Carcter de sentimento Xa lle imprimín carácter ó sentimento que asomou de cando eu contemplaba a fermosura dun conto, do seu conto. Agora son máis analista no ritmo dos latexos cada vez que escoito a súa canción. Manda cancións que veñen e van polos camiños semanais da miña ansiedade. A miña ansiedade é moita. E quero moldear o carácter para que nada me pille desprevido. Sabemos que a vida, ás veces, anda ás cegas ou ás agachadas. Porque, por veces, tropezamos e temos medo. Así é que non queda outra que estampar certa lóxica no carácter do sentimento. Non podo deixar que tal sensación se acovarde ante a súa presenza. Tamén teño dereito a vestir a felicidade coa cor azul, por exemplo. Ou a quedar de paspán esperando que pase. Que todo sexa polo ben dunha alegría que asoma ós ollos con tan só observala, con tan só contemplala. E non me importa, por suposto, esgazar o peito berrando de contento. Hai situacións nas que a vida baila unha muiñeira sobre a bágoa dun fandango. Hai instantes nos que unha simple palabra corre polo folio en branco para chegar ó punto final do desexo máis sentimental. Algúns, que se lle vai facer, escudámonos nun papel en branco que, pouco a pouco, enchemos con sentimentos ós que, iso si, lles temos que imprimir un certo carácter para non quedar perdidos no limbo da simple nostalxia. Agora non queda outra que mirarlle á cara e deixar que ela lea ou vexa a profundidade da miña ollada. Díxose sempre que unha mirada vale máis que mil palabras. A miña describe toda unha eternidade.

Polas catro e algo da tarde

Catro en punto da tarde. Fóra hai sol. Pola mañá fun a Vigo e lembro que cando vin o letreiro de que entraba na provincia de Pontevedra, souben que entraba definitivamente na Fase 3. Porque, ata agora, as fases a min, sinceramente, non me supuxeron un gran inconveniente, ningunha desvantaxe. Xa levo tempo facendo a miña vida máis ou menos Pingas de Orballo: Carácter de sentimentocomo a facía antes. Si, noto o uso da mascariña, pero... estaba acostumado á de sulfatar. De algo ten que valer a experiencia en algo. Catro e tres minutos. Vou escoitar un tema musical. Ó mesmo tempo podo dicir que os de Ourense somos uns máquinas. Resulta que hoxe mesmo informaba este xornal de que ganaramos habitantes no último semestre por primeira vez en 13 anos. Pois xa veredes dentro de seis meses!, entre os seis meses e os nove. Porque, a ver, tres meses de confinamento dan para actuar e gozar. As estatísticas dos próximos semestres van deixar atrás o pico do Covid-19. Imos bater récords á esgalla. Haberá nenos a darlle cun sacho. Barbadás que empece a loitar de novo xa para a construción dun instituto. Catro e dez da tarde. Outro tema musical. O sol segue nas mesmas. Meteogalicia acaba de mandarme o tempo climatolóxico dos próximos días. Bótolle unha ollada e que vexo... mañá sol, pero pasado mañá e ó día seguinte chuvia pola tarde e pola noite. Sabedes?, que mentres non faga dano, benvida sexa. Catro e vinte da tarde. Hai que empezar a rematar con todo un clásico de jazz: "A Love Supreme", de John Coltrane. Que mellor despedida! E con sol...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES