Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que non se apague o rescaldo

jueves, 11 de junio de 2020

Ben certo que o coronavirus nos colleu a todos por sorpresa.
Ben certo que se cobrou moitas vidas humanas.
Ben certo que cobrará algunhas máis.
Ben certo que moitas familias quedaron destrozadas.
Ben certo que outras familias perderon o seu traballo.
Ben certo que aumentou o número de persoas que viven da beneficencia.
Ben certo que moitas persoas están sufrindo moi severamente os efectos desta pandemia.
Ben certo que a todos nos afecta.
Ben certo que unha boa parte da infancia precisa mellor atención académica.
Ben certo que a administración está baixo mínimos e os expedientes acumúlanse.
Ben certo que moitos enfermos non poden ser debidamente atendidos nestes momentos porque a sanidade ten outras prioridades máis urxentes.
Ben certo que unha boa parte de industria non produce.
Ben certo que moitas empresas veranse obrigadas a pechar.
Ben certo que os ingresos por turismo van a dar un gran baixón.
Ben certo que o ingreso mínimo non dá para cubrir os gastos básicos e tampouco é sostible no tempo.
Ben certo que o goberno por máis ministerios que teña non sabe como saír desta.
Ben certo que a situación é moi dura, moi seria, moi difícil.
Tan difícil como case ninguén recorda.
Pero aínda así…
AÍNDA ASÍ TEREMOS QUE SAÍR DESTA DA MELLOR MANEIRA POSIBLE.

E SAIREMOS PORQUE:
-Non estamos dispostos a tirar a toalla.
-Non podemos deixar caer o país na máis profunda das miserias.
-Aínda queda un rescaldo nos nosos corazóns que aproveitaremos para recuperarnos desta lacra mundial.
-Aínda temos forzas para reavivar a nosa economía sacando pan de debaixo das pedras.
-Aínda quedan moitas criaturas con soños que realizar.
-Aínda quedan persoas dispostas a loitar máis que nunca por superarse.
-Aínda quedan persoas xenerosas dispostas a axudar ós máis necesitados.
-Aínda quedan persoas que confián nas súas propias forzas.
-Aínda quedan persoas que confían na Providencia.
-Aínda quedan persoas optimistas.
-Aínda quedan persoas dispostas a sacrificarse para superarse.
-Aínda queda moita xuventude con ganas de prepararse un futuro prometedor.
-Aínda quedan persoas previsoras.
Todas esas persoas de ben serán o rescaldo que manterá o lume do progreso encendido e pouco a pouco irémonos recuperando.

TEREMOS QUE PEDIR MOITO SENTIDIDÑO PARA TODOS, EMPEZANDO POLAS PERSOAS ENCARGADAS DE DIRIXI-LOS DESTINOS DO PAÍS, QUE ÚLTIMAMENTE ANDAN UN POUCO DESPISTADAS.

Os crentes teremos que pedir a Deus que guíe os nosos pasos por medio do seu Espírito para que non nos esquezamos de que temos que estar máis unidos que nunca ó DONO DA VIDA que é quen pode manter todo o Universo en equilibrio contando coa nosa colaboración consciente á hora de coidar a Creación.

TEREMOS QUE TOMAR CONCIENCIA DE QUE VIÑEMOS A ESTE MUNDO PARA DISFRUTAR DESTE PARAÍSO UNIDOS Á FONTE DA VIDA DO MESMO XEITO QUE O BACELO ESTÁ UNIDO Á VIDEIRA PARA RECIBIR VIDA ABUNDANTE E DAR BOS FROITOS.

Deste xeito rexurdiremos a unha nova vida
Para que todo vaia ben, ha de ter lugar un novo rexurdimento.

“NOVO REXURDIMENTO”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas pola súa colaboración nesta tarefa tan necesaria de dar vida a este rescaldo do que temos que botar man.
Moitas razas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES