A sanidade por bandeira
Santalla, Iago - miércoles, 10 de junio de 2020
Estes tempos de pandemia lograron desviar os aplausos cara quen realmente os merece dende sempre: o terceiro sector en xeral e o sector sanitario en particular.
Foron moitos días aplaudíndolles e moitos máis merecen
vivo en fronte a unha residencia de maiores e todos os días á tardiña faciamos forza do insomnio colectivo.
Foi grande o seu empeño como grande é a humildade coa que se afastan dos focos
Agora concédeselles o Princesa de Asturias da Concordia e algúns rexéitano pola situación da monarquía
En todo caso, calquera recoñecemento á sanidade pública, é absolutamente merecido
pero non esquezamos que o mellor premio é a inversión, dotación e defensa deste ben colectivo que debería ser o noso tesouro máis prezado.
Así pois estou ledo e orgulloso dos/as nosos/as sanitarios/as pero propoño para a sanidade pública outro premio: garantirlle todas as inversións necesarias erguéndoa como unha bandeira unitaria de dignidade.
Xa é hora de empezar a valorar o fundamental fronte ao frívolo, ao superfluo e ao efémero; sendo o fundamental garantir a vida digna e o benestar social.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora