Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mutatis mutandis

viernes, 05 de junio de 2020
Afirmaba Ignacio de Loyola que “en tempos de desolación non se debe facer mudanza”, que agora viría ser que tal como anda a vida é mellor non facer cambios, non vaia ser que as cousas empeoren. Pero tamén advirte que hai que “estar firmes e constantes nos propósitos e determinación nos que se estaba no día antecedente a esta desolación”.

Ignacianos resultan os gobernantes lucenses do BNG que planteaban peonalizacións antes da pandemia, durante esta aplicáronas, e agora confírman, antes de que a desolación desapareza. Porque se ao Alcalde popular García Díez, a finais do pasado século, lle costou retirar os vehículos do centro da idade, agora aos lucenses cada vez nos custa menos peonalizar, xa que as vantaxes xerais se foron impoñendo sobre os perxuizos particulares, e hoxe a conciencia de que os coches son un problema urbano está xeralmente admitido.

Rubén Arroxo e a súa xente xa fixera saber a vontade de peonalizar a Ronda da Muralla, seguindo o exemplo do tramo entre a Porta Aguirre e a do Campo Castelo, e a experiencia recente de achicar a Ronda un carril afondou nesa dirección, de xeito que o tramo inmediato ao xa peonil permitirá avanzar no camiño da recuperación da cidade polos camñantes.

Entre a Porta de Santiago e a rúa Vilalba, a Ronda vai ter un só carril para vehículos e os peóns un cómodo lugar de paso. Para os coches aumentarán as dificultades, disuadindo da súa utilización. Agardemos que esta mudanza, anunciada dentro ainda da gran desolación, veña acompañada de facilidades de aparcamento para que non dubidemos en acoller favorablemente esta decisión transcendental.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES