Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Folios en branco

martes, 09 de junio de 2020
Coloco ben os folios e fago un paquete con eles. Os folios están en branco. Todos están en branco. Penso enchelos con palabras de orballo e con tinta de folgura ou de desafogo. Escribir, ás veces, libera a alma. Tamén o espírito, si. Para algúns, escribir é coma refuxiarse na covardía dun desexo. Por veces, non queda outra. Escribir tamén é percorrer un camiño cheo Pingas de Orballo: Folios en brancode atrancos; cada palabra chouta sobre un obstáculo, cada liña sobre un impedimento e cada parágrafo sobre unha prohibición. Por certo, a escritura debería ser libre. Ten que ser libre! Sen liberdade nunca alcanzaremos o edén dos soños, o paraíso da realidade. Xa enchín unha ducia de folios; con palabras cuspindo unha ansiedade platónica que está aí, día e noite, eterna; con palabras que, algunhas veces, confunden pero tamén con elas clareamos o sen sentido do pensamento. E aínda que ás veces non nos saibamos explicar ben, seguro que cando cheguemos ó punto final todo quedou resolto, grazas á procura dunha boa colocación desas mesmas palabras que nos confundiron, que nos enganaron. Sabedes que hai palabras, moitas palabras con dobre sentido. Sigo collendo folios en branco para escribir sobre o alento dun encontro e sobre a boaventura dunha presenza. Porque hai sombras que se pegan e que nos levan ata o oasis da felicidade eterna. Un cento de folios xa están escritos. A covardía asomou logo de darlle a un teclado e logo de deixar caer pingas de orballo, estas pingas de orballo que xa serán inmortais. Hai sentimentos que hai que acochalos e arroupalos entre as liñas dun papel escrito.

Porque nada son
Dulce Pontes di en 'Lela' que lle dea alento coas súas palabras, que lle dea celme do seu corazón e que lle dea lume coas súas miradas. A iso pódeselle chamar moi perfectamente amor. Eu, vaia por deus, non lle podo dar nada. Porque nada son. E aínda que sinta, todo cae Pingas de Orballo: Folios en brancono baleiro máis inmenso dunha soidade infinita, eterna e enferma. Entón só me queda o navegar por entre unhas palabras que non sei ler ou quizais aínda mellor que non sei pronunciar. Só me queda apertar o meu corazón para que non estoure de ansiedade e deixar caer a mirada sobre un inferno, sobre un abismo baleiro e, por que non, inútil. Non queda outra que conformarse con procurar as migallas que vaian caendo por entre as touzas dos sentimentos. Quen máis quen menos solta folgos que outros queremos. Así é que busco e rebusco algún que outro verso para engadir ó meu poema de amor; de cando no silencio unha palpitación de ansiedade enche o meu peito ou de cando nas noites escuras de inverno os meus soños flúen, discorren polas corredoiras dunha canción, quizais a de 'Lela'. Quedo quietiño sobre a almofada do tempo. Aquela na que apoio, na que recosto a aspiración dunha vida chea de desexo ou de anhelo. Remata a canción de Dulce Pontes e asoma o infinito ante os meus ollos. Ese infinito que nada ten, que nada amosa, pero no que creo. Ese infinito polo que non perderei a esperanza e polo que intentarei encher o baleiro con espellos que reflicten as palabras, os latexos e as miradas da canción.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES