Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Adeus, Joaquín Antuña

viernes, 05 de junio de 2020
Foi en 2014 cando Joaquín Antuña chegou a Galicia Digital. El tiña moito que dicir, e comprobou que Galicia Digital era o lugar preciso para dicir cousas en liberdade. E comezou unha relación que se ven de rachar supetamente pola única e traidora causa posible: a morte do colaborador e amigo, a mans do inimigo traidor que está a asolar o mundo con especial ímpetu na nosa xeografía.

Joaquín era un loitador impenitente pola cultura e pola paz, e por iso tiña creado a Fundación Adeus, Joaquín AntuñaPaz y Cooperación, coa que tiña dado a volta ao mundo, codeándose con ministros, embaixadores, educadores, rectores...

A exposición do seu certame anual de Pintura pola paz, Galicia Digital tróuxoa primeiro a Lugo, á sala da Delegación Territorial da Xunta de Galicia e logo a A Coruña, á Biblioteca Nodal, e por fin a Compostela, á Biblioteca Ánxel Casal. Con ese motivo, Joaquín veu a Galicia para dar a coñecer o seu pensamento e o seu labor.

Foi o máis entusiasta colaborador de Galicia Digital. Neste portal pode accederse aos 1.364 artigos que escribiu desde o tres de xuño de 2014 ata hai uns días nos que deixou de enviarnos o seu artigo diario. Ante tal ausencia inusitada preguntámoslle por correo polo seu estado precisamente nos momentos en que o traidor coronavirus señoreaba Madrid. Xa non tivemos resposta. E unha voz amiga, dous días despois, deunos a triste nova do seu pasamento, deixándonos contritos.

A súa herdanza, a través de Galicia Digital, está ao dispor de quen queira disfrutar da súa pluma crítica e limpa, aceirada e dura que asoma en cada un dos seus escritos, que el compendiou en títulos como 'CRONICAS DE LA 3ª ESPAÑA', 'CRONICAS DEL ALBA', 'CRÓNICA DEL DIVINO PEDRO', 'CRÓNICAS MORDACES' ou 'EL HOMBRE PERPLEJO', 'EL LABERINTO ESPAÑOL', 'GALAXIA DE PAZ', todos eles accesibles a través da Biblioteca Virtual de Galicia Digital.

Desde Galicia Digital o noso agarimo, amizade, agradecemento e lembranza do benquerido JOAQUÍN ANTUÑA.
GaliciaDigital
GaliciaDigital


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES