Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Xacobeo 2010!

domingo, 06 de abril de 2008
Dentro de dous anos toca Ano Santo Xubilar e/ou Compostelán. Xa se nota a movida. Por parte da Xunta e das empresas privadas. Todos están a quentar motores á procura de arrincar o maior rendemento posible da riada de peregrinos e turistas que están a levantar, xa agora, a pobre economía e turismo de Galiza. O Camiño Francés estivo abandonado nos últimos anos. Diso se queixan os propios veciños a pesar de ser o que máis persoas arrastra. O 80% do total.

Este ano, no Camiño Francés, no treito da provincia de Lugo, ademais dos arranxos revistos nas súas igrexas por parte da Xunta, hai outra boa nova: Aumenta a oferta en hostalería coa cadea de cinco hoteis de luxo, con 220 prazas para turismo de crase media/alta Os concellos agrupan xa cen hospedarías e mil habitacións, sen contar os albergues do Xacobeo.

Aledámonos da iniciativa. Máis e mellores servizos.E tamén máis postos de traballo. Ocasión propicia para que os xoves da Zona non teñan que buscar traballo fóra. A creación de riqueza é unha das alternativas para asentar veciños. Velaí a experiencia das vilas desde O Cebreiro ata Palas. Varias estaban condenadas a desaparecer e sobreviven grazas ao Camiño.

A outra boa nova, no ámbito relixioso, pode (debería) ser que a histórica hospedaría de O Cebreiro, vella casa parroquial, propiedade da Igrexa, ante a abundante oferta de prazas tanto por parte da Sociedade de Xestión do Xacobeo coma polas empresas privadas, sexa dedicada, na súa totalidade, ao servizo dos peregrinos, dos axentes de pastoral e das diversas actividades tanto relixiosas como culturais e sociais de toda a Comarca.¡Destino digno, xusto e necesario!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES