Conciencias sen mans e mans sen conciencia
Santalla, Iago - miércoles, 03 de junio de 2020
A crise sanitaria parou ao planeta. Ante a gravidade da mesma é natural que outras novas queden eclipsadas e polo tanto esquecidas porque, nunha sociedade do momento, entre hoxe e antonte pode haber un lonxe indefinido que nos arrede da crítica prestando atención a verbas inmorais. Polo tanto vou intentar pór en relevancia dous feitos que transcenden o vandalismo para chegar ao fascismo puro e duro.
O primeiro destes feitos acontece no Cementerio General de Santiago de Chile onde alguén escribe na tumba de Víctor Jara no hay manos. Quen isto fixo nunca saberá que a conciencia sen mans segue deleitando o espírito e aquecendo o corazón; mentres que as mans sen conciencia son como polos sen cabeza: toda a súa fazaña redúcese a cinco desgraciados minutos.
O segundo feito foi a pintada dunha esvástica na fronte á estatua de Lorca en Granada. Vandalismo ou ideoloxía? Ignorancia ou convicións? Acto espontáneo ou organizado?
O que está claro é que a inmundicia nunca borrará as verbas de quenes crearon beleza para erguela en bandeiras de dignidade.
Estes, que fan e non dan a cara, si que son unha inmunda escoria e non os que citaba a prensa noutra altura

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora