Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un espectáculo deprimente

lunes, 01 de junio de 2020
Un espectculo deprimente Un cría que xa estaba cocido de espantos a estas alturas da vida no concernente ao intricado mundo da política pero resulta que non: os políticos sempre están dispostos a dar un paso adiante niso de ver quen é o máis arroutado, atrevido, insolente e mal educado. O deplorable espectáculo ofrecido o outro día no Parlamento así o testemuña onde máis que solucións á tremenda crises que estamos a pasar semella que só interesa dirimir asuntos partidistas e por parte dunha oposición absolutamente desleal e lurpia ir na procura de abater ao goberno de quenda custe o que custe. As sesións parlamentares estanse convertendo en mostra de odio desaforado no canto de debates de ideas e de propostas que é para o que debe servir o Parlamento. Debatan todo o que teñan que debater pero con educación e non recorran ao insulto cando falta o argumento.

Un pode recoñecer e estar en desacordo en como se está a traballar exestionar a información respecto a esta pandemia letal que afecta ao mundo enteiro provocada por un virus do que apenas se sabía nada, pero tamén o sibilino comportamento dunha oposición que só sabe mirar para o seu embigo cohibida pola outra dereita ultra que chegou a intimidala chamándoa “derechita cobarde”.

Agora resulta que o Parlamento volve a ser a ágora da discordia onde o que se debe facer realmente é debater, discutir e procurar consensuar tratando de chegar a acordos. Nas actuais circunstancias remar na mesma dirección é decisivo. Botarlle lixo ao goberno dende a tribuna de oradores culpándoo de todo mal que acontece a este país incluíndo ao covid-19 é cando menos ridículo e unha demostración manifesta das carencias dunha clase política salvo honrosas excepcións, baleira, ruín e moi pouco cualificada. Se en realidade é certo o que se di respecto de que os políticos son un fiel reflexo do pobo ao que representan pois mal imos como pobo.

Unha mostra máis de escura manipulación : o cese dese garda civil , Pérez de los Cobos ( á cabeza da facción do OPUS que facía filtrados en contra do goberno) , polo ministro do interior ten que ver cun informe que unha xuíza encargou para ver se as manifestacións feministas do 8-M en Madrid provocaron un alto nivel de contaxio e botarlle así ao delegado do goberno autonómico, e por extensión ao goberno do Estado, a responsabilidade de moitas mortes por telas permitido. Un argumento e unha escusa indecente. Polo que agora se sabe ese informe estaba cheo de irregularidades, de testemuños manipulados e non se sostiña coma un traballo serio de investigación, en suma era unha chapuza. Seguro vaise seguir falando deste tema e sairán a relucir máis “anormalidades”. Todo isto cheira a unha manobra xudicial na escuridade cun interese manifesto ¿ Alguén pode crer que se lle pode meter un gol así a un ministro cunha dilatada carreira xudicial como o señor Marlaska?.

Non lle faltou tempo ao PP para saír correndo a facer a pelota á institución da Garda Civil adiantándose así a Vox nesa desenfreada carreira que manteñen para ver cal é a dereita que crispa máis nas sesións parlamentares.

Por outra banda conviña, se é que estamos a falar de números, que falaramos destes en serio. Encárgase unha investigación para comprobar a incidencia das susoditas manifestacións do 8-M na propagación da pandemia en Madrid nas que se calcula interviñeron case 350.000 persoas.. Vale ¿saben canta xente viaxa no metro da capital nun só día? Pois calcúlase que nos vagóns do metro viaxan máis de dous millóns trescentas mil persoas ao día e a isto habería que engadir as persoas que suben aos buses e aos trens de proximidade, etc. Eu aí déixoo.

En febreiro suspéndese o Congreso Word Mobile de Barcelona e os neoliberais dixeron que iso era unha esaxeración, que non había razón para facelo argumentando o prexuízo económico que causaría antepoñendo iso á saúde. ¿De que estamos a falar entón? Se non hai saúde non hai negocio.

Por todo isto, pola importancia que para algúns ten denantes facer caixa diante da saúde da cidadanía moito temo que a “desescalada” a fagamos recorrendo á técnica de rápel, e dicir, deixándonos caer velozmente pola parede vertical da pandemia amarrados a unha corda. Oxalá a corda non se rompa e cheguemos ao chan sen moito sobresalto.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES